lunes, 19 de junio de 2023

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comendo cos nosos amigos na granxa e disfrutando dunha xornada moi divertida lonxe do colexio.

Nada máis chegar, sentamos no salón enorme que tiñan para deixar as mochilas e facer os equipos de animais, mesturados todos os cursos: os pitiños, os coellos, os gatos e os porquiños.


E, por turnos, marchamos cos nosos monitores por toda a granxa e uns prantamos patacas:


...outros visitamos ós animais (vaca, coellos, galiñas, porcos, periquitos, ovellas...)...




...outros prepararon os seus moletes de pan...


A media mañá fixemos un descanso para beber e merendar.


E tamén xogamos un pouco no parque de xogos.


Ó mediodía estivemos comendo o que nos mandaron as familias porque as nosas barriguiñas ruxían de fame!!!!


Pola tarde, continuaron os obradoiros, as risas e as aventuras. 
Para ver todas as fotos, podedes pinchar nos enlaces dos 2 albumes:


viernes, 16 de junio de 2023

POLOS CREATIVOS: BOLSAS DE TEA FEITAS CO PLOTTER DE CORTE E PLANCHADO

Despois de traballar arredor do proxecto "MÓVETE EN VER", fixemos unha bolsa de tea co plotter de corte de Polos Creativos con logo ganador do proxecto.


Unha bolsa para levar as cousas de praia, os contos, para facer a compra...


Estamos moi ilusionados, vedes que si?

ENCANTOUNOS!!!!!!! COMO MOLAN AS BOLSAS!!









jueves, 8 de junio de 2023

ENSAIO DA ORUGA GLOTONA - DRAMATIZACIÓN DO CONTO

 Os peques practican coa profe Mari o conto da Oruga Glotona.

 Unha dramatización pequena pero moi divertida. Precisaron as 2 narradoras do conto e as personaxes e elementos que ían aparecendo na historia. 

AS NARRADORAS

AS FROITAS

DOCES E OUTRAS LAMBONADAS

A LÚA / O SOL

A ORUGA

O AXUDANTES DA ORUGA
A ORUGA-MARIPOSA NA CRISÁLIDA E OS AXUDANTES


Aproveitando a ocasión, un vídeo "roubado" da sesión. O son non é moi bo pero...NON QUERÍA QUE VOLO PERDERADES!!! (pinchade na imaxe)



miércoles, 7 de junio de 2023

MOVÉMONOS EN VERDE

Que tal se creamos un mural onde a xentre se movera de maneira que non contaminen?


Precisamos un papel moi longo para caber todos así que tivemos que facelo no corredor.






Cada foron medrando as ideas e plasmáronnos en debuxo estupendos para "MOVERNOS EN VERDE"
















O máis importante é o traballo en equipo. Ilusionados por este proxecto en común.




Que ben o estabamos pasando!!! Cantas ideas tiñamos e canto riabamos!!!jajaja




Mira que longo foi o noso mural!!! Un mural cheo de bicicletas, patíns, patinetes, monopatíns, globos aerostáticos e moita xente andando.



Tan longo, tan longo, que non cabía na foto!!!



viernes, 2 de junio de 2023

CREATIVIDAD NOS RECUNCHOS DO CORREDOR

Nos recunchos do corredor facemos voar a nosa imaxinación e a creatividade aflora de maneira cooperativa. 





Utilizamos materiais que nos deixan xogar e non aburrirnos en ningún momento. Todos xogamos xuntos, todos aportamos ideas, todos disfrutamos sen berrar e sempre consensuando as cousas.















EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...