sábado, 27 de febrero de 2021

PROXECTO "ANIMAIS DA GRANXA ": OS SONS DOS ANIMAIS

Ola familias!!

O venres estivemos traballando no proxecto sobre os animais da granxa. Neste caso, estivemos aprendendo o son que fai cada animal e pasámolo xenial imitándoos e adiviñando os animais segundo o son que reproducía cada compañeiro/a.

Deixámosvos por aquí os vídeos dos sons por se queredes botarlle unha ollada ou por se lles apetece velos de novo (premede nas imaxes para acceder directamente aos vídeos).



Ademais, tamén estivemos vendo vendo un par de vídeos sobre "El pollito Lito" e facendo o seu baile.



E por último, pero non menos importante, o vídeo que máis lles gusta e co que máis rin.

"IL PULCINO PIO"


Para ver as imaxes e vídeos, podedes acceder á galería do mes de febreiro ou clicar AQUÍ.

jueves, 25 de febrero de 2021

EXPOSICIÓN DE SOFÍA: "A horta na granxa"

 Sofía estaba moi nerviosa porque hoxe era o día da súa exposición. Moitos nervios por enfrentarse a un público de caracoles pero eso non impediu que gañara a nosa atención. 

Sofía ía falarnos da "Horta na granxa":




CONTOUNOS QUE NA HORTA HABÍA MOITAS COUSAS.




O GRANXEIRO FAI OS REGOS NA TERRA E DESPOIS BOTAN ALÍ AS SEMENTES.




TRAS ISTO, VAI PRECISAR DO CALOR DO SOL E HIDRATARSE COA  AUGA PARA MEDRAR.




E, O MELLOR DE TODO, É CANDO MEDRAN E PODEMOS RECOLLER TODA A COLLEITA.




RECOLLEREMOS HORTALIZAS E VERDURAS.




TAMÉN COLLEREMOS A FROITA DAS ÁRBORES FROITEIRAS.




PERO TAMÉN PODEMOS COLLER COUSIÑAS DAS PRANTAS PEQUENIÑAS COMO SON AS FRESAS, QUE LLE ENCANTAN A SOFI!!!!




PERO A HORTA TAMÉN PODE ESTAR BONITA 
SE PRANTAMOS FLORES DE MOITAS CORES E OLORES.




E, SE A NOSA HORTA É MOI GRANDE, NON HAI NADA MELLOR
 QUE TER AXUDA DUN TRACTOR COMA OS DOS AVÓS DE SOFÍA.




E, AÍNDA QUE ESTABA NERVIOSA, APRENDIMOS MOITÍSIMO E FOI SÚPER INTERESANTE!!!! EIQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO DESTA PEDAZO ORADORA POR SE QUEREN VOLVER A VELO!!! (pinchade na imaxe)




DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO

O 24 foi o DÍA DE ROSALÍA, unha escritoria de lingua galega e castelán. Símbolo do feminismo e achegámonos a súa biografía a través deste pequeno vídeo:




A lingua de Rosalía era azul, como a franxa da nosa bandeira galega ...





...e, por iso, nós tamén queríamos ter a lingua azul e, por iso, fixemos este mural coas nosas fotos.




E, para poñer funto e final a este día, decoramos as nosas caretas de Rosalía...

"A ROSALÍA...TRA, TRÁ!








viernes, 19 de febrero de 2021

VENRES DE RAVACHOL

 Lembramos brevemente a historia do Loro Ravachol, unha personaxe moi carismática e "peculiar" das nosas vilas. O que máis lle gustou? Pois que era un malfalado e dicía palabrotas! jajaja.

Tamén traballamos co seu nome R-A-V-A-C-H-O-L, o número de letras que ten, como "falan", e que é un nome moi RARIÑO, a verdade.

Despois de falar da Botica, de Perfecto Feijoo, da Peregrina,...qué tal se coloreamos os nosos loriños? Iso si!!!! Precisamos de moita cor para enchelo de alegría e, se calcamos moito, conseguiremos que brille!!!

MANS Á OBRA!!!









E se queredes ver como quedaron, pinchade na imaxe da abaixo e veredes todos os debuxos!!! Algúns animáronse a copiar o nome e todo!!!





domingo, 14 de febrero de 2021

14 DE FEBREIRO: CANTO NOS QUEREMOS!!!

Hoxe se celébrase o día de SAN VALENTÍN, aínda que todos os días son o día do amor, de querer á familia, ós amigos,... 
Pero, que foi San Valentín?



Por iso, eiquí tedes unhas historias contadas pola miña amiga Beatriz Montero, que é unha magnífica contacontos



Agora que tal se estampades os vasos corazóns utilizando os tubos de cartón do papel hixiénico, animádesvos??







E menores seca a manualidades, imos ver unha pequena curtametraxe " Jinxy Jenkins, Lucky Lou"





E se quereres recortar un pouquiño, colorear e facer paxariños namorados, mirada a imaxe de abaixo ou pinchade enriba e vos dirixirá ó enlace que volo explica.







Queredes divertidos con Pocoyo? Mirade que se converteu en Cupido...jajaja



Practicamos as letras e xogamos coa plastilina? Pide axuda a un adulto para traballar as palabras AMOR, AGARIMO, BICOS.



E AGORA RELAXÁDEVOS E A DISFRUTAR CON 
PEPPA PIG E OS PITUFOS!







REMATAMOS O ARTIGO CON MENSAXES AMOROSOS DESTES CARACOIS MARABILLOSOS!!!










viernes, 12 de febrero de 2021

MOMENTO CONFINAMENTO (08 AO 12 DE FEBREIRO)

Esta semana foi diferente porque non estivemos na aula pero iso non impediu poder estar unidos de corazón. Manterse en contacto foi primordial pero tamén tendo en conta que estes caracois son pequenos e  precisan o contacto para "tarefar ou actividadear",jajaja, inventeime estas palabras locas!!!

Na aula virtual fixemos os mestres que lles damos clase unhas propostas de actividades que podían facer na casa,  así como coma no noso blog "A aula dos caracois 345" na que hai outras tantas interactivas para divertirse e aprender (Ruletas, Kahoot, ...)



E, a continuación, podedes ver canto fixeron estes peques durante o confinamento de febreiro!!!

SOFÍA MOI TRABALLORIÑA COS SÚAS IRMÁS COAS QUE TAMÉN TIVERON MOMENTO DE BAILE E MOITA DIVERSIÓN!!!






XOEL P. TRABALLOU MOITO E CONCIENZUDAMENTE, SEMELLA DE PRIMARIA, TAN FORMALIÑO...NON SI? JEJE




DANIELA É UNHA DEVORADORA DE LIBRETAS: PINTA, COLOREA E...RECORTA SEN PARAR!!


ANDREA TRABALLOU MOITÍSIMO!! NON PAROU E PRECISA DESCANSAR.



DIEGO FIXO MANUALIDADES, DISFRAZOUSE,  ESTIVO LENDO CONTOS,...QUE BEN O PASOU!


RODRIGO APROVEITOU PARA FACER REPOSTERÍA COA SÚA IRMÁ...AGARDO QUE TRAIAS UN ANAQUIÑO DO QUE FIXÉCHEDES!! MMM



MARTÍN M. DISFRUTOU MOITÍSIMO DAS ACTIVIDADES E CREO QUE O PASOU PIPA...




UXUE APROVEITOU PARA TRABALLAR CO SEU IRMÁN,  CONVERTIRSE EN DOCTORA E DISFRUTAR DAS LETRAS CON SELOS CON TINTA!!!



LARA TRABALLOU MOITÍSIMO PERO, O QUE MÁIS LLE GUSTOU, FOI A ACTIVIDADE DO GUSANIÑO FEITO CON TÉMPEDA!!!





MATÍAS N. TAMÉN DISFRUTOU MOITO DAS MANUALIDADES...MELLOR DITO, PASOUNO PIPETA!!!





THIAGO A. PASOUNO PIPA CO SEU DESEÑO FEITO CON TÉMPEDAS E GLOBOS. QUEDOULLE UN "CADRO" SÚPER COLORIDO E ORIXINAL.








IZAN TAMÉN DISFRUTOU MOITO CREANDO O SEU GUSANO LOCO DE CORES. QUE CHULADA!




LARA CREOU ANIMAIS CON TUBOS DE CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO E PAPEL DE COCIÑA. ORIXINAIS EH?? 




IZAN TAMÉN TIVO TEMPO PARA UTILIZAR A TABLET PARA DISFRUTAR DOS VÍDEOS EDUCATIVOS E DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS. APRENDER TAMÉN PODE SER DIVERTIDO!!!




MARTÍN F. TAMÉN REUTILIZOU OS TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO PARA FACER UN SÚPER ELEFANTE AZUL E DÚAS BOLBORETAS ADORABLES!!!!



THIAGO G. SACOU TEMPO PARA TRABALLAR UN POUCO E FACER UNHAS ACTIVIDADES COS ROTULADORES E COLLÉNDOOS COMA UN "PITIÑO" PERO, O MÁIS CHULO, FOI O FORTE OU MURO FEITO CO ABECEDARIO!!!


 



IZAN XOGOU MOITO COA SÚA "OUTRA TABLETA" 
E COLOREOU MOITO E CON PINTURASA FINIÑAS!!!



A LUCAS FLÍPANLLE AS LETRAS, TODO O QUE SEXA FORMAR PALABRAS E EIQUÍ ESTIVO XOGANDO CO SEU MALETÍN DE DISET FORMANDO AS PALABRAS DE CADA TARXETA E TAMÉN DISFRUTOU MOITO DAS RULETAS, SOBRE TODO, DA DOS NOMES DA CLASE QUE CONTROLA!!







IZAN TAMÉN TRABALLOU MOITO XUNTO A SÚA IRMÁ E RECICLOU TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO TRANSFORMÁNDOOS EN COCHE E EN FRANKESTEIN...UNA PASADA!!!







TIVEMOS UNHAS SESIÓNS DE VIDEOCONFERENCIA DE MÁXIMO EXPLENDOR:










PODEDES VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE FOTOS PINCHANDO NO ENLACE.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...