martes, 31 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

 Polo día da Paz decoramos a nosa porta con palabras cheas de paz, bondade,...palabras positivas, que soan ben bonito e enche de ledicia a entrada a clase:


Tamén fixemos 5 murais de pombas e, como precisabamos de moito espacio, invadimos o corredor do primeiro andar:








Enchémolas de cor, de debuxos bonitiños e de palabras preciosas.





Que ben o pasamos! Os nosos carteis ían formar parte da decoración polo día da Paz no patio.






O patio xa estaba preparado para a cadea humana que fixemos todo o colexio porque donamos moitos productos de hixiene para Cáritas.




É moi lindo poder por o noso gran de area nun día tan especial.







jueves, 26 de enero de 2023

VOTACIÓN DO LOGO DO PROXECTO

Hai unhas semanas, repartíronse unhas plantillas para que o alumnado que quixera deseñara o logo do noso proxecto "MÓVETE EN VERDE". Entre todos os deseños, dous foron os finalistas:



Agora, a misión dos distintos cursos do cole era votar cal das dúas opcións querían que fose a gañadora. Así que, despois do recreo, levamos a cabo unha votación. 

Repartimos a cada peque unha papeleta onde, libremente, debía elexir cal era o modelo que máis lle gustaba. Despois doblala e votala nun cubiño.

Ó rematar, o profe Sergio ía sacando as papeletas e María ía anotándoo na pizarra.




E despois de moita tensión, sobre todo o principio no que estaba moi reñida a cousa, 
o LOGO Nº1  FOI O GAÑADOR!!!!!



 

Agora queda por saber que opinan o restos das clases e así saber cal é o GAÑADOR DEFINITIVO!!! Sorte!!!

martes, 24 de enero de 2023

APRENDEMOS A UTILIZAR O ORDENADOR

 Cos peques estamos comezando a traballar co ORDENADOR (procesador de texto) e, cando rematan, poden xogar co BUHO BOO, un xogo interactivo para xogar coas teclas, co movemento do rato e, o nivel máis difícil, facendo clic co rato e arrastrando obxetos.

Tamén hai a versión demo para tablet e mobil pero, preferimos A VERSIÓN DO ORDENADOR porque interésame que reforcen a destreza óculo-manual, e a concentración.

Por iso, déixovos o enlace de xogo para que disfruten e reforcen a psicomotricidade fina, a atención, a concentración mentres se divirten!!!


PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER




jueves, 19 de enero de 2023

RECUNCHO DO ORDENADOR: procesador de textos e xogos co rato

Comezamos este trimestre introducindo o ordenador na clase.

 Cada día, o encargado, traballará co procesador de textos nos que porá o seu nome, o día que é e escribirá a palabra ou frase que quera so. 

Deben estar atentos e pensar que letras/sílabas precisa poñer e, cando rematen, poden imprimir a folla e facer un debuxo acorde co escrito.



Despois, poderán xogar libremente cun xogo educativo pero precisan controlar ben o rato e reforzar a destreza óculo-manual...pero é moi divertido porque hai MOITOS XOGOS!!!



 

XOGAMOS CO DOBBLE

 Neste nadal agasalláronnos na aula con este xogo para xogar en equipo no que, o importante é divertirse e pasar un bo rato.


Non nos interesaba tanto gañar cartas senón pasar un bo rato xuntos, tratar de acertar e, no caso contrario, alegrarnos polo éxito de outro/a compañeiro/a.  




Algúns xa sabían xogar e outro aprenderon nestes días. Foi moi importante manter orden, respetar turno e estar moi concentrados e atentos.




Este xogo é unha das moitas versións que hai. Un xogo para traballar a atención e a rapidez ócular, discriminar obxetos e adquirir axilidade en todos os aspectos. E, sobre todo , PÁSANO XENIAL!!!!

SESIÓNS CO PROFE SERGIO

 Nestes días estamos levando a cabo unhas pequenas sesións co mestre prácticas, Sergio. Uns poucos minutiños cada día no que temos que traballar determinados aspectos da psicomotricidade e da actividade física. 

  Algunhas das sesións  facémolas  na clase como traballando o equilibrio e...menudas risas!








Outras das sesións lavámolas a cabo no ximnasio para poder correr e ocupar todo o espacio. Son tan divertidas as cousas que facemos con Sergio...!!!








martes, 10 de enero de 2023

PUPI, o gran amigo co cal reforzar a lectura

Comezamos novo trimestre e xa hai moitos aficionados á lectura e que xa van collendo la Rufiteca libros de maiores. Por iso, a aquelas familias na que os vosos peques pidan máis, aconséllovos esta colección de aventuras de PUPI que é MOI, MOI, MOI DIVERTIDO!!! Ata me teño rido con el! Algunhas palabras non as pronuncia ben e fainos rir. 

Además Pupi vive en GALICIA cunha familia cando chegou á Terra. Polo que é recomendable que o primeiro que leades sexa o Nº0 "Pupi llega a la Tierra". A partir daí, a disfrutar das súas aventuras.

É SERIE BRANCA, para primeiros lectores de primaria. 


 

lunes, 9 de enero de 2023

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE!!!

 Chegamos cargadiños de enerxía e moita ilusión pero a que non sabedes que pasou? Que caracolillo, o noso trasno do nadal, fíxonos outra trasnada para rematar o Nadal:

NON TIÑAMOS OS AGASALLOS QUE NOS DEIXARAN OS REIS E PAPÁ NOEL NA CLASE!!!

Así que toleamos buscándoos e, como na clase non estaban, pois tivemos que saí e xusto debaixo do que queda da árbore de nadal...ESTABA UN PAQUETE CUNHA TARXETA!!



ERA A O NOSO PAQUETE!!!!



Despois na clase descubrimos todo o que nos trouxeron e que tanto queriamos!!!

- Pegamentos porque "desaparecen" nun pis pas

- Lápices de cores como os que tiñan no Museo e que tanto nos gustaron

- Rotuladores que tamén son selos para estampar mil veces nos nosos debuxos.

- Lápices FLUOR OU FOSFORITOS para os nosos escritos.

- Bolígrafos de cores de xel.

- Rotuladores negros e vermellos que tiñamos que repoñer nos nosos botes porque se secaron.

- e o XOGO DE DOUBBLE DE ANIMAIS para xogar xuntos!!!!!!



Hoxe foi un día moi excitante!!!

-  Algúns mandaron fotografías das súas vacacións e estivéronas comentando cos seus compañeiros na pizarra. 

- Outros trouxeron un agasallo dos que lle regalaron os Reis e Papá Noel para amosarllo ós compañeiros e xogar con eles na clase!!


Moita diversión, moita enerxía acumulada e moitas gañas do reencontro. Pero mañá traballaremos un pouquichiño máis!



EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...