viernes, 23 de diciembre de 2022

REPASAMOS NAS VACACIÓNS DE NADAL

 Eiquí deixamos unha actividade moi divertida para repasar as sílabas que traballamos. Serán capaces de facelo con ou sen axuda? A verdade, o que importa é que estean seguros de que poden conseguilo porque, aínda que vexan a palabra completa, soamente deben fixarse na sílaba inicial.

É recomendable que DISFRUTEN mentres o fan e TODAS AS VECES QUE QUEIRAN!!!! (no teléfono, na tablet ou no ordenador)

Agora será a primeira parte, pero seeguiremos sumando máis! 


PINCHA ENRIBA DA IMAXE para acceder ó xogo. DARLLE O BOTÓN QUE PON PRACTICAR!


----- 1º KAHOOT (vocabulario) -----





----- 2º ÁRBOL ABC (varios tipos de xogos educativos) -----







----- 3º EDUCAPLAY (crucigrama) -----






jueves, 22 de diciembre de 2022

FIN DE ANO NO COLE

 O último día do 1º trimestre celebramos no cole o FIN DE ANO!!! Un día espectacular no que tiñamos que ir moi, moi ben vestidos de gala porque tiñamos un evento importantísimo.

 Pero primeiro tivemos clase de música e, ó chegar a clase, quixemos ter unha pequena sesión de cine ata que chegaron as fabulosas elfas da ANPA para agasallarnos cunha súper merenda especial de Nadal: A CHOCOLATADA CON ROSCA!!!!

Despois da súper merendola, quitamos os mandilóns e marchamos ó recreo. Á volta, dirixímonos ó ximnasio onde tiñamos todo preparado para a despedida do ano co resto dos nosos compañeiros do colexio.



Todos estabamos moi nerviosos porque era a primeira vez que tomabamos as "uvas" cos nosos compañeiros no cole! E se nos atragantamos? e se non entra un ataque de risa? 


Xa estivemos lembrando na clase o que tiñamos que facer e, con cada badalada, tiñamos que comer un so gusanito. E así foi, como uns profesionais, fixemos o das badaladas e, despois,...FESTA!!!! Música, baile e loucura!!! Que ben o pasamos! Mirade no vídeo!



Cando chegamos a clase, deixáronnos uns "poucos" gusanitos que quedaban na bolsa e...creo que algúns seguían tengo "un pouco" de fame!! jeje




Foi un fin de trimestre moi divertido. Agora queda disfrutar das vacacións e, se queredes ver máis fotos, están no ALBUM de decembro 2022 ou PINCHANDO EIQUÍ!

POSTAIS DE NADAL PARA AS NOSAS FAMILIAS

Outro decembro máis decidímonos a realizar unha felicitación para as nosas familias. Polo que MANS Á OBRA!!! 





Tesoiras, a cortar, cortar e cortar papeliños.



Pegamento, a pegar, pegar.


Como mola ensuciar as mans co pegamento e 

loitar cos papeliños de papel de seda que quedan pegados nas mans, jajajaja




Cando rematamos, toca lavar as mans. Todos xuntos decidiron que imos escribir nas postais e, despois, axudaron á titora a escribir a mensaxe na pizarra para despois poder copiala. Levounos un ratiño poder construir a frase pero conseguímolo!!! E en minúscula!!! 

Como somos uns cracks, collimos os nosos lápices e escribimos as nosas mensaxes para as nosas familias.



E, ó rematala,  pegamos a folla nas nosas postais e mirade que bonitas quedaron!!!

Tamén decidimos ilustrar os sobres e escribir os nosos nomes no remitente.




Pero, para que as cartas cheguen, temos que:

- POÑER A QUEN VAI DIRIXIDIA E A DIRECCIÓN

- PEGARLLE O SELO 






Así que cada un recolleu a súa tarxeta coa dirección e "untárona" de pegamento
 para que non se separe do sobre, jeje








Xa quedou todo listo!!!




Agora queda que veña o CARTEIRO REAL buscar as nosas cartas
 para SORPRENDER AS NOSAS FAMILIAS!!!!






 Que bo traballo, caracois!!! Sodes uns fenómenos!!!




Eh! Que veu o carteiro real buscalas!!!


























EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...