jueves, 16 de diciembre de 2021

ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL DO COLE

 Este ano, como o proxecto é "Ponlle sabor a túa vida", veume á cabeza a culler de pau, onde tantas avoas proban o caldiño que preparan no inverno ou tantas outras comidas. Por iso, os nosos adornos para a árbore irían con esta temática.



Primeiro comezamos pola FASE PINTURA. Foron pasando por turnos a pintar as barbas, os "gorros" de vermello, por diante, por detrás,...e deixando que sequen.

Cando toda a parte de pintura estivo rematada, pasamos á FASE DE DECORACIÓN, onde botamos purpurina...

... POÑENDOLLE OS OLLOS...



... COLOCÁNDOLLE O NARIZ...



...DECORÁNDOLLE PARTE DO GORRO CON FOLLAS DE ABEDUL...




E, cando todo estivo listo, puxémoslle unha cordiña e
 LISTAS PARA ADORNAR A ÁRBORE DO COLE!!!













E que ben colgadiños quedan na nosa árbore do cole pero cando adornen as vosas árbores da casa 
VAN QUEDAR DE MARABILLA!!!






CARACOLILLO E AS CARTAS DE NADAL

 Case case é nadal, e no cole xa se vai notando. Como xa vistes, decoramos a porta, fixemos árbores, E ATA TIVEMOS UN INVITADO SORPRESA...
PRESENTAMOSVOS A CARACOLILLO! Caracolillo, é un caracol que é moi "pillo", cada día agochase nun lugar diferente, e sabedes o mellor? É un dos elfos que teñen Papá Noel e os Reis Magos!!! Durante o tempo que está na nosa clase, vai controlar que nos portemos ben, que fagamos o que as profes nos digan e merendemos todo! E a verdade... ten unha boa variedade de sitios nos que se pode esconder mirade algún deles:


Non sabedes como nos gusta buscalo nada máis chegar a aula!!
Pero non é co único que pasamos un bo rato, por que no nadal temos que facer unha cousa de EXTREMA IMPORTANCIA! A carta de Papá Noel ou dos Reis Magos, e fixemos unha na escola, na que puxemos todos os regalos que lle ímos a pedir... ANDA QUE NON LLE QUEDA TRABALLO !!
Mirade que cartas tan xeitosas fixeron os caracoles!



O certo é que estos nenos e nenas están feitos todo uns artistas!

martes, 14 de diciembre de 2021

CONSTRUIMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL

O grupo de valores creamos as nosas árbores de Nadal. 



Primeiro démoslle cor ás árbores nas que soamente se precisou un triángulo e un cadrado.





 

viernes, 10 de diciembre de 2021

PERSONALIZAMOS AS NOSAS ÁRBORES NO CORREDOR

Fronte ós percheiros temos 5 árbores, un por equipo. Pero, aínda que son árbores de nadal, non están decorados e están moi "sosos" así que...




Decidimos poñernos mans á obra e decoralos!!!! Cada equipo iría decorar a súa árbore con bolas de cores que cada un ía pintar, recortar e pegar nas guirnaldas que había nelas.





Traballar en equipo é moi divertido e, sobre todo, porque temos un proxecto común!!












Moi concentrados facendo os mellores deseños e recortando con moito coidado
 porque as boliñas son circulares e non podemos estropealas.


















MÁIS FOTOS NO ALBUM DE DECEMBRO 2021

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...