viernes, 27 de mayo de 2022

VALORES - CREACIÓN DE CONTOS "MATÍAS N. E DANIELA: AVENTURA NA PRAIA"

Este conto pon o broche final da creación de contos orais neste curso por parte do alumnado no que traballamos os VALORES da amistade, cooperación, alegrarse polos éxitos dos demáis,... e dado que está preto o verán, nada mellor que a invención dun conto moi veraniego na praia, con pérdida de "roupa" incluida!"

A medida que pasou o curso, a capacidade de creación de historias foi en aumento e este conto, ni máis nin menos, dura 11 minutos e medio de risas.Agardamos que vos guste!



E, despois de cada conto, puxémonos mans á obra coa creación das ilustracións. Reflexamos o conto nun papel:









E despois de unhas sesións de creación, cor  e charlas, eiquí o resultado destes grandes artistas literarios:


















martes, 24 de mayo de 2022

KAHOOT: ¿de quen é este nome?


Vamos a jugar a nuestro PRIMER KAHOOT!!!! UN JUEGO INTERACTIVO!!!

Pinchad en AQUÍ y accedereis al juego (vale en ordenador y tablet, y creo que movil).

Para acceder debeis poner el NOMBRE del peque en el cuadro blanco como indica la flecha amarilla de la imagen. Después aparecerá un NOMBRE y deben pulsar cuál de las 4 opciones (4 colores) es la imagen que se corresponde. Si es correcto, pasa al siguiente. 

Hay 25 PREGUNTAS!!!!


miércoles, 18 de mayo de 2022

EXPOSICIÓN ORAL MARTÍN F "OS TOMATES"

Un dos alimentos presentes nas cociñas e nas nosas hortas son os tomates. Por iso, Martín escolleu este alimento "colorado".



É redonda e vermella.




Nace dunha pranta en verán, co calorciño.




E mirade! Hai moitos tipos de tomates!! Tedes que fixarvos no supermercado!!






Pódese comer de moitísimas maneiras!




Pero a Martín gústalle máis cos...




E mellor é que vexades a súper exposición deste gran "tomateiro"...pinchade na imaxe de abaixo.






martes, 17 de mayo de 2022

PROXECTO: conto viaxeiro coas familias

Este ano o proxecto é "DÁLLE SABOR A TÚA VIDA" e na aula de 4 anos centrámonos no tema da CELIAQUÍA porque un dos nosos caracois ten que comer cousas sen gluten.

Por iso, levamos a cabo un CONTO que foi viaxando polas casas dos pequerrechos onde, cada familia, ía continuando a historia do Lobo Aral e ilustrando o anaco creado. Todo iso utilizando a nosa lingua, o galego, enchendo de aventuras estas páxinas e de diversión.

Invítovos a lelo. Moitas páxinas pero unha gran aventura digna dos mellores escritores. Gracias a todas as familias de 5º EI pola súa implicación e, ós pequenos caracois, polo seu traballo nos debuxos.


PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTO.





Ó pinchar no enlace, accederedes á páxina de ISSUU co conto. Se pinchades na parte dereita sinalada co círculo amarelo, podedes ver o conto co tamaño grande da pantalla.






viernes, 13 de mayo de 2022

FIN DO CONTO VAIXEIRO

 Hoxe damos fin ó MALETÍN VIAXEIRO 



Cada páxina e cada ilustración foi elaborada por cada unha das familias dos caracois. 
Hoxe limos a última, o final.


Quedaría bonito? Un bo final? Como remata toda esta aventura do lobo Aral que é celíaco? 

    QUE NERVOS!!! MENUDA INTRIGA!!!

En breve poderedes descubrir o SÚPER CONTO!!!!! ATENTOS!!!!

lunes, 9 de mayo de 2022

CONTACONTOS CON MANOLO SOLLA

Manolo Solla veu a través da Editorial Santillana para contarnos un conto moi divertido:













A pregunta era QUE ANIMAL PODERÍA TER JUAN NA CASA!!!!???




Manolo nos amosou moitos dos animais que trouxo na maleta pero...ningún era do visto bo da nai de Juanillo!



Pero qué ben o pasamos coas sesións de contacontos na nosa Rufiteca!!!

CASA DE PEPE E PILI : A MEL E AS ABELLAS

 O venres rematamos a semana cunha saída pola contorna...



...a CASA DE PEPE E PILI!!!!




Alí estábanos agardando Pili, a muller de Pepe, porque nos ía falar un pouco das abellas.






Amosounos o panal, as celdas que hai onde durmen as abelliñas, outras máis grandes onde durmen os zánganos e a "habitación" máis grande para uso  exclusivo da Raíña (como vedes na imaxe de abaixo)




Os panais están dentro da colmena, Eles teñen colmeas artificiais que parecen caixiñas.

Despois, sacan os panais e os meten na centrifugadora para sacar a mel que despois deben colar para retirar os restos de cera que haxa polo medio. 

A mel é de distinta tonalidade: a máis escura era mel do castiñeiro e, a máis clariña, de eucalipto.




Para recoller a mel, ten que ir o apicultor ou apicultora cun traxe especial.




Así que puidemos poñernos una de Pepe pero nos quedaba un pouquichiño grande. Tense que ter todo protexido para que as abellas non nos piquen, polo que o apicultor leva gorro e unha redes pola cara para poder ver pero sen perigro de que entren as abelliñas.




E así nos diriximos cara as demáis colmeas...había moitísimas!!!




Había uqe ter coidado porque estaban todas as abellas voando o noso carón.




Pero, para poder coller a mel, hai que botar fóra da colmea o alonxar do panal ás abellas con axuda do Fumigador. Métese dentro un anaco de cartón, prendemos lume e pechamos. Fórmase un fume que vaise apretando un muelle e sae espantando ás abelliñas.



Cando voltamos descansar, Pili nos trouxo unha magdalenas caseiras que fixo con moito agarimo.




E aproveitamos para tomar plátano e beber auga.




Ben fresquiños debaixo da sombra do castiñeiro.



E tamén deunos a probar mel. Uns quixeron probar e outros non...pero houbo quen a devoraba! jaja





E Pili nos dixo que poderiamos ir sempre que queiramos. Realmente, Pepe e Pili, son uns veciños moi amorosos e encantadores!!! Menuda sorte temos de contar con eles!!!




Logo puxemos rumbo ó colexio atravesando un tunel no cal berramos moito!!! Pili acompañounos ata o final e nós recuperamos forzas, bebimos máis auga, nos refrescamos e despois saímos ó recreo!!!!



Repetiremos excursión o ano que ven pero, nesta, aprendimos moitísimo e será moi útil todo o visto para a excursión de fin de curso a APÍPOLIS!!!!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...