lunes, 19 de junio de 2023

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comendo cos nosos amigos na granxa e disfrutando dunha xornada moi divertida lonxe do colexio.

Nada máis chegar, sentamos no salón enorme que tiñan para deixar as mochilas e facer os equipos de animais, mesturados todos os cursos: os pitiños, os coellos, os gatos e os porquiños.


E, por turnos, marchamos cos nosos monitores por toda a granxa e uns prantamos patacas:


...outros visitamos ós animais (vaca, coellos, galiñas, porcos, periquitos, ovellas...)...




...outros prepararon os seus moletes de pan...


A media mañá fixemos un descanso para beber e merendar.


E tamén xogamos un pouco no parque de xogos.


Ó mediodía estivemos comendo o que nos mandaron as familias porque as nosas barriguiñas ruxían de fame!!!!


Pola tarde, continuaron os obradoiros, as risas e as aventuras. 
Para ver todas as fotos, podedes pinchar nos enlaces dos 2 albumes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...