lunes, 27 de septiembre de 2021

HORARIO 4 ANOS E CALENDARIO ESCOLAR - curso 2021/2022

      Eiquí vos deixo os diversos DOCUMENTOS que comentei na reunión inicial que tamén atoparedes na barra dereita do noso blog "AULA DOS CARACOIS 345" (SE ESTADES CO MÓBIL, DEBEDES POÑER A VERSIÓN WEB PARA PODER VER A BARRA DA DEREITA) 



     De todos xeitos, se queredes descargalos e imprimilos en cor, soamente debes clicar enriba de cada imaxe e xa accederedes a un PDF.


1.- HORARIO DE AULA

Eiquí tedes o horario tal e como o traballaremos na auna, con pictogramas ou imaxes. Desa maneira, aínda que non saiban ler palabras, si saben interpretar e asociar imaxes co que se vai traballar nesa xornada e en cada sesión.

Na aula teremos un horario cos pictos MÁIS GRANDES e os imos colocar por días en lugar visible.




2.- HORARIO SEMANAL (especialidades e desdobles)

     Eiquí aparecen os días que terán especialidades e os equipos de cor que irá en cada turno cando fagamos desdoble.




3.- CALENDARIO ESCOLAR - CURSO 2021/2022

    Eiquí tedes o calendario escolar deste curso. En VERMELLO están os días que non hai clase (festivos, vacacións, día de convenciencia pedagóxica,...) e, en VERDE, os días de titorías (nestes casos, agradécese se solicite cita previa para garantizar a atención e poder falar previamente cos demáis mestres que lle dan clase os vosos fillos)



PROXECTO: AS FEIJOAS

O xoves coñecimos unha nova froita do outono e é a FEIJOA. 

Observamos como era e manipulámola durante a asamblea para coñecer as súas características.






Pero para coñecela mellor, tamén debemos degustala. A algúns lles encantou e a outros....como que non moito pero creo que é mellor unha imaxen que mil palabras,jeje.





Podedes ver ós demáis nos vídeos (non podo subilos eiquí por ser pesados)
no seguinte enlace do album: PINCHADE EIQUÍ

E, por último, escribimos e debuxamos as nosas feijoas.



miércoles, 15 de septiembre de 2021

POÑÉNDONOS MANS Á OBRA!!!


Comezamos o curso con gañas de aprender porque xa temos 4 anos ou a piques de cumprilos e iso...MOOOLA!!

Así que , o primeiro, é refozar algunhas cousas que aprendimos o curso pasado. Escollimos as vogais e vimos uns vídeos na PDI e, despois, fixemos a grafía en maiúsculas con plastiliña...mirade que xeniais!























Tamén cantamos a canción dos números e lembramos a grafía do nº 1,
 fixémola na pizarra branca e por turnos e...SEN AXUDA!!!



Asemade, acudiron á Rufiteca o alumnado de Valores mentres os de Relixión quedaban na clase. Nestes días de setembro, aproveitamos para traballar uns valores de maneira lúdica como o respeto, respetar turno, disfrutar xogando, estar en silencio e aprender xogos novos para explicarlles na aula ós compañeiros dos recunchos de xogos, como o DOMINÓ.





E rematamos o día con xogos nos recunchos de aula pero, os mércores, a metade da clase sairá ós recunchos do corredor onde disfrutarán doutros xogos divertidos!!!! Cada semana turnaranse!!





E, como xa empezan a querer escribir os seus nomes, eiquñi vos deixo unha plantilla que utilizamos nos recunchos cos nomes de todos os compañeiros/as. PARA DESCARGAR E IMPRIMIR, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO.


COMENZAMOS el curso escolar 2021-2022

 Pasaron 2 longos meses de sol e chuvia onde estiveron cargados de moita diversión, durmindo moito e acudindo á praia ou aá piscina. 

Mais tamén botaban de menos os caracois ós seus compañeiros e o xoves puideron regresar á aula e puidemos ver fotos que mandaron as familias das súas vivencias durante o verán.


Este ano cambiamos de aula, para a número 3 que é a de 4 ANOS. Novos xoguetes, novos recunchos, nova distribución, novos mestres especialistas pero as mesmas rutinas, os mesmos hábitos e os mesmos caracois nas súas mesas.

Algunhas das cousas que fixemos foron murais das nosas vacacións de maneira cooperativa:









Xogamos nos recunchos:














Celebramos 3 aniversarios destes primeiros días!!!




Pero se queredes ver máis fotos, PINCHADE EIQUÍ.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...