viernes, 29 de enero de 2021

O DÍA DA PAZ E AS NOSAS MANUALIDADES

 Debido o Día da Paz comezamos a nosa andadura a principios desta semana traballando arredor das curtametraxes que tanto me apasionan. Previamente fixemos preguntas sobre a temática das curtas para ver que opinaban sobre certos comportamentos e, despois, vimos a animación. Tras esto, volvemos a reflexionar sobre o que falaramos e saber que opinaban. Aínda que son aínda pequenos, gustoulles moito e "pensaron" sobre os comportamentos das personaxes.


CORTOMETRAXE "SR.INDIFERENTE"



CORTOMETRAXE "PAXAROS"


Tamén pensamos en decorar a porta pero, como é tan oscura, decidimos facer maxia coas témperas de cores para repartir ledicia e "bo roio" a todo o mundo.





E, como estamos a traballar sobre a temática de Animales de granxa, colóusenos un Can Dálmata pola nosa Aula-Granxa e reparte corazóns de cores por doquier!!! Pero o can trouxo ósos con palabras relacionadas coa Paz.




Ademáis, colaboramos co mural xigante que estamos facendo no cole con motivo deste día e, como estamos a traballar no centro a Reciclaxe, decorámola con material de refugallo. Gracias a todos por participaR!!!!





E, para finalizar, unha gran manualidade na que estamos a traballar desde hai tempo porque queremos converternos en Pombas da Paz e, para iso, decidimos facer unha careta na que picamos pratos de cartón,o pico, colocámoslle ollos, estampamos as ás coas nosas mans,...









E así os caracois de 3 anos imos repartir a PAZ polo mundo adiante porque 

NÓS TAMÉN SOMOS POMBAS DA PAZ!!!













E, para rematar, disfrutamos aprendendo e bailando esta canción que nos ensina "QUE É A PAZ!":



FELIZ DÍA DA PAZ 2021



jueves, 28 de enero de 2021

PROXECTO " ANIMAIS DA GRANXA " : A CASA DE LOLA

Este curso temos un proxecto no cole sobre os animais e, na nosa aula, traballamos os animais de granxa.

Os mércores, a profe Fany realiza diferentes actividades sobre esta temática na que os nenos e nenas o pasan en grande.

Este mércores comezaron facendo un repaso do que traballaron nas sesións anteriores. Este repaso consistiu en dicir o nome dos animais que a profe nos amosaba en fotos e o son que fan. Ademais, tamén nos ensinou os seus nomes en galego. Isto último déixanos anécdotas tan marabillosas como cando lles preguntou se sabían como se dicía "mariposa" en galego e lle contestaron que se dicía "maripousa".

A continuación, viron un vídeo-conto que lles encantou. Este chámase "Lolalá vamos a cantar - En casa de Lola" e deixámosvos aquí o link por se queredes botarlle unha ollada pinchando na imane de abaixo:




A continuación, realizaron en cadanseu folio un debuxo dunha granxa cos seus animais. 

Deixámosvos algunhas fotiños do momento creación dos nosos "mini-artistas":





viernes, 22 de enero de 2021

SEMANA DA FROITA (1º semana)

 Como estes últimos anos, participamos nun programa co que temos a oportunidade de merendar a media mañá diversas froitas de tempada. A verdade e que é un éxito porque moitos as devoran e, outros, simplementen as desgustan un pouco pero, pouco a pouco, sempre acaban por devoralas enteiras ó ver os seus compañeiros. E eso é o mellor!!!

Comparto algunhas fotos pero, xa sabedes, que tedes máis na galería de imaxes, no ALBUM DE XANEIRO 2021.




















EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...