martes, 26 de abril de 2022

SEMANA DO DÍA DO LIBRO 2022

 O 23 de abril celebrou o "DÍA DO LIBRO" e, dado que foi sábado, no colexio levamos a cabo actividades durante toda semana seguinte para conmemorar o día:


1.- LUNS

     Comezamos coñecendo a Miguel de Cervantes e a súa obra máis importante.





Despois levamos a cabo unha actividade cooperativa na que tiñamos que colorear pezas dun puzzle de 4 pezas cada un. 


E, cada peza tiña un número por detrás.








E, cando remataron de colorear as súas pezas, uníronse según o números que lles tocara por detrás e saíros estos retratos molóns!!







E, despois do recreo, disfrutamos da obra "PALABRAS" de Baobab Teatro que mantivo atrapados a todos os caracois!!!!!








QUE BEN O PASAMOS COA PROFE ANDREA E AS SÚAS HISTORIAS!!!



2.- MARTES

     Estas semanas pasadas tivemos unha caixa con gusanos de seda que observamos todos os días. Tras facer os capullos, as crisálidas, xa están saíndo as bolboretas. Por iso limos o conto da "Oruga glotona" que foi a temática que decidiron utilizar para elaborar os marcapáxiñas. Como comían moitas follas de morera os gusanos, as nosas oruguiñas tamén tiñan as súas follas con elas!





3.- MÉRCORES

     Apareceu un cartaz na pizarra da clase onde nos invitaban a unha sesión de contacontos na Rufiteca.


Blanca e Saira nos ían contar o conto ilustrado "A MELLOR SOPA DO MUNDO"



Con moita gracias e dramatización, captaron a nosa atención inmediatamente.



Unha historia de animais e comida...súper interesante.




Queriamos saber máis e máis a medida que nos ían contando
 como estaban a facer a sopa este animaliños.




Cal é para vos a mellor sopa do mundo? Este conto é moi recomendable!


Tamén hai que ter en conta que Saira é a irmá de Izan, o caracoliño 
e molaba un montón tela como contacontos.



Foi unha sesión espectacular e queremos volver repetir con estas dúas pedazo contacontos!!!




3.- MÉRCORES

     Hoxe chegamos pola mañá e chamaron á porta 2 piratas!!!!! Eran ni máis no mnenos que Xoel P e a súa nai que viñeron contarnos unha historia de PIRATAS!!!! 






E ata trouxeron un barco pirata a clase!!!




Foi unha historia moi emocionante e...perigosa na que andaban na procura dun tesouro!!!




E Xoel atopara o tal tesouro, que estaba moi oculto e TROUXÉRONNOS para a aula dos caracois!!! E eran ni máis nin menos que chocolate brillante!!!!



Menuda posta en escea a destes dous piratas que non eran tan malechores como pensabamos!!! jeje




Xoel e a súa nai tamén forman parte de XOCARVI, unha canle de cancións moi divertidas e educativas!!!!









miércoles, 20 de abril de 2022

CREACIÓN DE CONTOS CON VALORES: "La aventura en la granja de Uxue, Daniela y Thiago G."

 Como todos os mércores, o "Equipo de valores" seguimos a traballar na creación de contos orais sendo eles mesmos os protagonistas. A imaxinación é o motor da actividade e a creatividade sae a  esgalla e, para mostra, escoitade este novo conto que é o máis longo ata a data:



E, tras isto, toca facer as ilustración da nova aventura, así que...MÁNS Á OBRA!! Somos libres para voar coa mente e disfrutar cos rotuladores e as pinturas!!!














E, así son as illustracións personalizadas e EXCLUSIVAS do conto "La aventura en la granja de Uxue, Daniela y Thiago G":













PREPARADOS PARA UNHA NOVA HISTORIA??????


EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...