jueves, 30 de marzo de 2023

POLOS CREATIVOS: O ORDENADOR, O PROCESADOR DE TEXTOS E A LECTOESCRITURA

 A lectoescritura tamén podemos traballala de varias maneiras distintas.


E estamos comezando a utilizar o procesador de textos (word, open office,...) para escribir frases e, de esas frases, crearemos historias o contaremos cousas que non pasaron.


Hai quen prefire escribir o que quere dicir na súa libreta, como fixo Sofía:


E despois a pasala a formato dixital ó ordenador.



Outros peques, como Lía, prefería escribir palabras que lle gustaban.



E outros escollen traballar en equipo para crear xuntos unha aventura, como fixeron Uxue e Andrea...



...e ir escribindo por turnos e aportar ideas a chegar a acordos de que poñer.

(La alteza perdió su corona en Galicia. El rey la encontró... en el baño de un restaurante)

E pouco a pouco irán pasando por este recuncho cando sexan encargados para escribir o que queiran para que, despois poidamos traballar cos ordenadores por parellas!!! 

(Pero eso será no 3º trimestre)

CONTACONTOS "NA TÚA MAN", CON RAQUEL QUEIZÁS

Veu visitarnos a contacontos e actriz Raquel Queizás...

... para contarnos contos sobre a IGUALDADE.


Así que nada mellor que a nosa Rufiteca para levar a cabo o obradoiro oral no que disfrutar destas grandes historias.


Queliña, como lle gusta que lle chamen, comenzou a contar, a contar...e todos caladiños ben metidos no conto.


Personaxes e historias agochadas neste conto e que, ás veces, non nos gustaba nada porque había comportamentos que non eran bos. Todos somos iguais en dereitos e deberes, non si?


Ben calados estabamos, non queriamos perdernos nada da historia.


(Descubride na seguinte foto o que parece ter moito frío, jeje)


Tamén participamos moitísimo das historias desde os nosos asentos!


Pero tamén algún saímos voluntarios a facer o que Queliña nos mandaba.




  









    A NOSA QUELIÑA É FANTÁSTICA!


CONTOS POLA IGUALDADE "NA TÚA MAN" por Raquel Queizás:

- "Soy solo mía", de Raquel Díaz Reguera.

- "El chubasquero de Aurora", de María Márquez.

- "Mesa trágame",de Grabiela Keselman




miércoles, 29 de marzo de 2023

CONTACONTOS - Ainhoa e Xiana

 Despois do recreo viñeron Ainhoa e Xiana a contarnos a historia de "A vaca que puxo un ovo".



Unha aventura súper divertida que sempre nos sacan sorrisos!!!




Que ben o fixeron!! Non nos cansamos de escoitar esta historia!!!



martes, 28 de marzo de 2023

"SIMÓN DI..." (VERSIÓN PIZARRIÑAS)

Tocou xogo de "SIMÓN DI..." pero, nesta ocasión, fixemos unha nova versión:

Cada neno ía saíndo ó banco a debía dicir "Simón di..." e engadir un número, un nome, unha sílaba, unha letra,...e os demais debían escribir o que dicía na súa pizarriña. No caso de dicir un número, debían escribir a cifra.


Pero ollo!!! ATENTOS!! Se non dicía "SIMÓN DI" primeiro, non podiamos escribir nada!!






















Clases dinámicas que nos motivan a aprender !!! 





lunes, 27 de marzo de 2023

CONTACONTOS DE 3º PRIMARIA

Menuda sorpresa!!! Viñeron Blanca, Saira e Amanda a contarnos un súper conto e moi divertido!!



Verdaderamente naceron para comunicar porque a expresividade, a dramatización e a voz alta e clara fixeron que "Ni guau ni miau" fose un conto moi atractivo.



A historia era moi emocionante pero elas conseguiron atraparnos más a este conto.

Unha das contacontos,Saira, é a irmá de Izan e, evidentemente, non podía faltar a foto con elas.



A verdade é que quedamos con gañas de máis. Moito nos encanta ter contacontos do noso colexio!!!




jueves, 23 de marzo de 2023

DESEÑAMOS XARDÍNS

Coa chegada da primavera chegan moito insectos que voan arredor das flores. E moitas son as flores que temos ó noso arredor: na casa, no monte, polos camiños,... E hai diversidade delas: grandes, pequenas, con follas enormes, con pétalos de cores,...e, por iso, algúns peques trouxeron flores a clase para que todos puideramos observar aa ampla variedade que temos:
























Tivemos que poñer un cubo para ter o noso xarrón de flores preciosas!!!

Despois de observar as flores e coñecer as caractarísticas, QUE TAL SE NOS CONVERTEMOS EN DESEÑADORES DE XARDÍNS? Pois deixamos voar a nosa imaxinación e a crear e imaxinar!













Estivemos todos concentrados coa música de relaxación de fondo para crear un ambente propicio para deixar voar a imaxinación.


Estiveron moi concentrados deseñando e estas son as obras de arte, as grandes creacións que fixeron. 
Uns deseños propios dos grandes artistas!!!

DESEÑO DE SOFÍA

DESEÑO DE MATÍAS N.

DESEÑO DE LÍA.

DESEÑO DE LUCAS

DESEÑO DE LARA

DESEÑO DE BRIANA

DESEÑO DE ANTÍA

DESEÑO DE MICAELA

DESEÑO DE ANDREA

DESEÑO DE CAMILA

DESEÑO DE MARTÍN M.

DESEÑO DE THIAGO G.

DESEÑO DE MATÍAS B.

DESEÑO DE XOEL P.

DESEÑO DE MARTÍN F.

DESEÑO DE UXUE

DESEÑO DE RODRIGO

DESEÑO DE DIEGO

DESEÑO DE DANIELA

DESEÑO DE MARIÑA

DESEÑO DE TRISTÁN

DESEÑO DE XOEL M.

DESEÑO DE THIAGO A.

DESEÑO DE SARA








EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...