martes, 28 de febrero de 2023

ACHEGÁMONOS Á PRIMAVERA MENTRES XOGAMOS coa ficha interactiva

Eiquí vos deixo 3 páxinas de ACTIVIDADES INTERACTIVAS para facer á vez que divirten. 
Para iso é preciso utilizar, MELLOR, o ordenador e o rato para reforzar a coordinación óculo-manual, pinchar co rato, arrastrar sen soltar...aínda que a algún lle vai constar un pouquiño máis, a concentración é un factor moi importante nesta actividade.

Animádesvos a axudarlles? PINCHADE EN CADA IMAXE e vos levará a unha "FICHA INTERACTIVA" para facer no ordenador (e non co lapiz)






viernes, 24 de febrero de 2023

O LORO RAVACHOL E FIN DO ENTROIDO PONTEVEDRÉS

O entroido chega o seu fin en Pontevedra e, con el, o enterro do Loro Ravachol. Así que hoxe, venres, lemos o conto que fala del:


Despois de escoitar a historia, repasamos algo de vocabulario en galego que hai no conto para logo...PODER XOGAR CO KAHOOT!!!!

Eiquí volo deixo por se queren xogar na casa as veces que queiran!!! (PINCHADE NA IMAXE)



Por último, temos que rematar o día "GUARREANDO UN POUCO" e toca sesión de manualidades onde nos imos converter en profesionais creativos onde deben deseñar os seus loros, coas cores e formas que queiran para despois expoñelos na cortiza da clase. 






















Todos concentrados Neste proceso creativo. Recortamos, pegamos, imaxinamos,…



E os resultados foron espectaculares e así quedou de precioso o noso mural de clase cheo de LOROS!!! 






d

jueves, 23 de febrero de 2023

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe celebramos o DÍA DE ROSALÍA lembrando o vídeo que realizamos de maneira cooperativa todo o colexio o curso pasado:




Este ano o ENDL propúxonos facer un pequeno libriño coa súa biografía para completar e colorear. E claro, puxémonos mans á obra como facía Rosalía cando escribía as súas obras!



 






jueves, 16 de febrero de 2023

ESCRIBIMOS PALABRAS EN EQUIPO

 Hoxe tocou traballo cooperativo onde tiñamos que escribir palabras por equipos.

Primeiro, debiamos ver que letra tocaba e, para iso, utilizamos unha plataforma onde, dándolle ó botón, saía unha letra aleatoriamente. Con esa letra, tiñamos que buscar unha palabra ou nome que comece por ela. 

En cada turno, soamente 1 membro podería escribir o nome na pizarra pero, os demáis, membros do equipo poden axudar.

Era importante manter a comunicación de grupo.


E axudar a escribir a palabra se se dubida.


E chegar a acordos cando pensamos en varias palabras posibles.


Porque o importante é aprender xuntos.


E as cadeiras están ben pero, a veces, mola máis estar tumbados nas mesas...jejeje...


O mellor de todo é que o pasamos xenial!!!


martes, 14 de febrero de 2023

SAN VALENTÍN CON AMOR Y HUMOR

Neste día celebramos o amor e o cariño polos amigos que temos en clase. O día de San Valentín relacionámolo con corazóns, co cor vermello, con amor,...pero tamén con moitísimo humor.

Eiquí uns pequenos vídeos nos que a improvisación e a naturalidade dan pé a sorrisos inocentes e disfrutar destas conversas tan...de namorados.







Para rematar, sempre é bo unha boa despedida de maneira conxunta pero, ás veces, xurden algunhas confesións que non podemos obviar...




Ademáis, para este día tan especial no que festexamos o moito que nos queremos, realizamos unhas tarxetas polo día do amor e da amistade que nos intercambiamos ó finalizar a xornada, porque non hai nada máis bonito querer ós nosos amigos!!!


ESCRIBIMOS AS NOSAS MENSAXES, 




 COLOREAMOS AS NOSAS TARXETAS E...





E DESPOIS...INTERCAMBIAMOS AS TARXETAS!!!





miércoles, 8 de febrero de 2023

CONTACONTOS: Thiago G., Antía e Lara

 Temos grandes apaixoados da lectura e, nesta semana, contamos con 3 contacontos que nos deleitaron cos seus contos durante o plan lector.


Primeiro foi Thiago G. co seu conto preferido das letras.






Despois foi o turno de Antía que, ó principio estaba moi nerviosa, pero logo entusiasmouse lendo as páxinas do conto.




E, por último, Lara que tivo unha súper aventura que contar e que se entusiasmou tanto que o conto se lle fixo curto.



Encántannos que os compañeiros compartan con nós as historias dos contos da súa biblioteca de casa, ademáis de que adquiren soltura á hora de falar en público, de saber comunicar, de aprender a "contar historias" e de compartir as cousas que lles gusta.

Seguiremos agardando a máis contacontos!!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...