miércoles, 29 de junio de 2022

PRACTICAMOS ESTE VERÁN

 

Este curso levamos a cabo unha actividade relacionada co proxecto na que tiñamos que adiviñar que tomaba cada compañeiro adiviñando o código QR coa axuda das tablets. 

Todos os manteis estaban repartidos polo corredor do primeiro andar e tiñan que buscar ó comensal correspondente. Lían o QR e abríaselle unha ventana co alimento que ían comer e co nome que tiñan que escribir na súa tarxeta.

Por iso, por se queren repetilo este verán, eiquí vos deixo todos os manteis e as tarxetas para descargar e imprimir. SOAMENTE TEDES QUE PINCHAR ENRIBA DAS IMAXES.


MANTEIS





MANTEIS






E, xa que estamos con nomes, que tal se xogamos cun KAHOOT onde tedes que LER O NOME  e ADIVIÑAR O QUE É. É moi divertido pero tedes que estar moi atentos e ler despacio as palabras. Sei que podedes con esto e con máis, pero se practicades, cada vez o faredes máis rápido!!! PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO E...imos aló!!!!





martes, 7 de junio de 2022

KAHOOT: VOCABULARIO DE APÍPOLIS

Que tal se repasamos un pouco o vocabulario aprendido este tempo e que reforzamos en Apípolis?

PINCHADE NA ABELLA E ACCEDERÁS Ó KAHOOT DAS ABELLAS

Mirade o debuxo de cada pregunta e buscade cal é o seu nome entre as 4 respostas. 
Fixádevos ben (e que non volo digan os maiores que sei que sodes capaces de adiviñalo sos!!!)


  Xa sabedes que podedes xogar en calquer dispositivo: PC, tablet ou móvil.

PINCHADE EN "JUGAR" E DESPOIS QUE ESCCRIBAN O SEU "NOME"

viernes, 3 de junio de 2022

APÍPOLIS: EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 O venres disfrutamos da esperada EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO a APÍPOLIS!!!!

Estabamos moi nerviosos, desexando que chegara o día porque iamos pasar todo o día fóra do colexio e comíamos alí mesmo cos nosos compañeiros de infantil!!!



Xa traballaramos na clase sobre o tema das abellas e da mel pero non hai nada mellor que aprender máis en APIPOLIS!!! 

Alí dividíronnos en grupos mixtos por idades e fixemos moitos obradoiros: visitar a exposición sobre o mundo das abellas, facer pan, elaboración da mel, de velas coa cera,... pero, o que máis nos gustou foi vestirnos de apilcultores e visitar desde moi preto as colmeas, as abellas, os panais, sen risco a que nons picaran. FOI ESTUPENDO E MOI EMOCIONANTE!!!



As mestras sacáronnos moitas fotografías e, como os grupos eran mixtos, saen compañeiros doutras clases. Así que, pinchade no enlace de abaixo e accederedes ó album de fotografías da excursión.

ENLACE FOTOS APÍPOLIS

miércoles, 1 de junio de 2022

CONTACONTOS "POLO CORREO DO VENTO"

O pasado día 01 de xuño viñeron os rapaces de Polo Correo do Vento a contarnos unha historia que captou a atención de todos os que alí estivemos.


E, coma sempre, Carlos ía debuxando á vez que se contaba esa aventura. Gustounos moito, coma sempre que veñen porque son moi divertidos!






EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...