viernes, 30 de abril de 2021

FANY: fin da fase de prácticas e despedida

 Hoxe é un día difícil e moi emotivo porque Fany remata o seu Período de Prácticas, que forma parte do Grao de Educación Infantil que está a realizar. Cando tiña 9 anos fun a súa mestra en Cuntis e agora, anos despois, fun a súa titora de prácticas. 

Na vida hai persoas que estudan para ser mestras e, outras, nacen sendo mestras. Este último caso é o de Fany. Foi, durante este tempo, unha gran compañeira e unha estupenda mestra para os vosos caracois. Implicouse emocionalmente con cada un deles e creou un gran vínculo que sei e me consta que manterá toda a vida.

Ela vainos botar de menos pero eles...puff!!! COMO A VAN EXTRAÑAR!!!! Madre mía! Trataremos de manter o contacto con ela con mensaxes ou algunha que outra chamada dende a pantalla da clase pero, mentres, eiquí un pequeno mimiño que lle fixeron dende a casa os peques:



Pero tamén imaxes en movemento, con voz:




Pero Fany, non penses que esto é o único que temos para ti... PINCHADE NA FOTO.







E non puido resistirse a poñer o mandilón, así que... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


Pero María Patatafrita tamén tiña un agasallo para ela... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


E, como non ía ser doutra maneira, Fany tamén tiña un agasallo para TODOSSSSS!!!!... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


AGRADECEMENTO FANY

Aiiiiiii, chegou o momento de pechar unha das mellores etapas da miña vida, chea de agarimo, recordos, risas e dunha GRAN aprendizaxe. 
Fun inmensamente feliz, tanto cos caracois como coa súa mestra. Como ben dixo María, foi a miña mestra con 9 anos e, dende aquel momento, souben que ía ser a miña referente e o meu modelo a seguir; ademais dunha persoa súper especial para min. E aquí estou, 16 anos despois seguindo a súa pegada e aprendendo dela.
Tanto os caracois como as familias sodes uns afortunados por tela como mestra, xa que é a MELLOR.
Que dicir dos meus nenos e nenas? Como os vou botar de menos e canto os quero! 
Pecho esta etapa cargada de cariño, apertas, recordos, risas, algún que outro choro e moito, moito AMOR. Tendes uns peques marabillosos e levareinos no corazón para sempre. 
E por último gracias a vós, ás familias, por todos os detalles que tivestes comigo e por toda a axuda prestada. INFINITAS GRACIAS.

PD: non é un adeus, é un ata pronto. Seguimos en contacto e irei de visita a miúdo.

(Déixovos un pequeno vídeo de agradecmento)


MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS!

jueves, 29 de abril de 2021

MOMENTO EXCURSIÓN!!

Hoxe foi un día moi emocionante e divertido porque... FOMOS DE EXCURSIÓN!!


Despois de merendar e ir ao baño, emprendemos a camiñata.


Sempre facendo fila, pegadiños á beira e da man da nosa parella.



Mentres iamos camiñando, fixemos algunha que outra parada para ver o que nos chamaba a atención (dous cans nas súas casas, un galiñeiro...).



E despois da camiñata, chegamos ao noso destino. Estivemos nunha zona rodeada de vexetación, onde nos sentamos nos bancos e mesas de pedra que alí había. Ah, e tamén había un lavadoiro e unha fonte.


A profe María falounos da vexetación, das árbores e da contorna na que nos atopabamos.


Ah! E vimos e falamos cunha señora maior que veu buscar auga coa súa regadeira á fonte.

E o momento máis divertido foi cando recolectamos follas de árbores, flores, piñas, ramiñas das árbores, etc. para levar para a aula e crear a nosa mesa de elementos da natureza.
                                    





   
  



E antes de marchar, foto grupal do momento excursión!!



Chegamos a clase e colocamos algunhas das cousas na mesa de clase 
para observar cada cousa con detenimento.




E así poder debuxar as cousas que máis nos gustaba.




Tras esto, bebimos un pouco máis de auga, foron ó baño e...

MARCHAMOS DISFRUTAR DOS TOBOGÁNS!!!




Aprendimos a xogar ó tren nos tobogáns pero...




...non sabemos se é máis divertido facer o tren ou O MOMENTO de aplastamento DE DESPOIS!!!jajaja




E claro, non podiamos rematar o día sen unha despedida xenial e é que regresamos á aula convertidos en gatiños!!! Pinchade na foto de abaixo...




PARA MÁS FOTOS, PINCHAR AQUÍ PARA ACCEDER AL ALBUM.

martes, 27 de abril de 2021

OS ANIMAIS FAN CACA...E NÓS?

Na caixa da RUFITECA atopamos agochado un libro un pouco cochino que se titulaba "TODO LO QUE SÉ DE LA CACA"


Así que comezamos a falar de como fan caca os animais, onde, como será a caca, cor, olor...jajaja, é dicir, un tema MOI DIVERTIDO E MOTIVADOR,jajajajajjaja. O conto gustoulles MOITÍSIMO e unha das preguntas que fan no conto é "TI SABES FACER CACA?"

Polo que estivemos buscando algúns contos con esta temática en internet:






Entón amoseilles un VIDEOCLIP que fixemos o curso pasado (cos que agora están en 1º EP) como reto fin de curso e, como estabamos confinados, nada mellor que subir o ánimo con esta CANCIÓN TAN MOLONA (neste videoclip participaron Izan e Lucas porque era a clase dos seus irmáns):


PINCHADE NA IMAXE



Pero esta canción corresponde á canción "CACA" do album "CANCIÓN PROTESTA" de YO SOY RATÓN (que, a quen lle interese, pode mercarse e PODE VIR ADICADO a quen queira!!! é encantador!!!). Así que eiquí vos deixo o VIDEOCLIP OFICIAL:




lunes, 26 de abril de 2021

PLANTAMOS DENTRO DE MR.MACETA (actualizada)

Jaime, o señor que vén entrenar ao Padelball no colexio polas tardes, agasallounos cunha plantiña. A dúbida é se terá flores ou non pero, para iso, debemos coidala.  

Ao amosarlla, puidemos ver que tiña pouca terra, pero aproveitamos para ver as partes da planta e, sobre todo, as raíces que non se soen ver.

A pregunta xurdiu de como chegou a nacer unha planta así de alta, entón fixemos unha posta en común das cousas que sabiamos sobre como medran as plantas.


Moitos dixeron que precisabamos unhas sementes, auga e calor do sol, así que aproveitamos para ver uns vídeos relacionados co tema:


Entón Andrea dixo:

 "EU TAMÉN QUERO TER UNHA PLANTA PARA MIN"

Así que todos dixeron que tamén querían unha, polo que nos puxemos mans á obra para plantar as nosas plantas: 

- Tiñamos as macetas, MR.MACETA, que fixemos reciclando materiais.

- Tiñamos sementes.

- Tiñamos palas, regadeiras...

- E a mestra fixo maxia e, fóra da clase, APARECEU UN CAPACHO DE TERRA!!!!

Pero sabedes quen recolleu esa terra para utilizala para plantar???? FANY!!!!!

Queriamos ir fóra pero estaba chovendo un pouquichiño ,así que preparamos todo para plantar na clase.

Puxéronse todos a xogar coa plastilina mentres agardaban o seu turno. E de un en un, ían acudindo ó recuncho de plantación, botaban un pouco de terra, facían un burato para botar as sementes e volvían tapalo cun pouquechiño máis de terra.


Así que, a continuación, podedes ver o ben que o fixeron:

 (Aínda que debemos recoñecer que, nalgúns casos, debido ao esforzo de coller terra, fixeron "efecto palanca" e digamos que "é como se botaran arroz a unha noiva", jajajaja).

















Agora xa temos todos os MR.MACETA cheíños de terra e sementes pero....



...están sen cabelo!!! Así que temos que regalos e mimalos agardando a que lles saia algo nesas cabeciñas... jajajaja.



Elaboramos as tarxetiñas personalizadas co pau de brocheta para colocalas nas macetas.









Despois, pasiño a pasiño, moi a modiño, levamos as macetas á parte de atrás do colexio para que estean tranquilas ó aire libre e podrán disfrutar da calor do sol e da auga da chuvia para medrar forte!!!





Pero para que non pasen sede, de vez en cando as regaremos nós con auga fresquiña.







Así quedaron tranquiliñas as nosas Mr. MACETAS e, habitualmente, viremos facer "a ruta de control" para ver como avanza o crecemento de "cabelo".




EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...