jueves, 27 de abril de 2023

NOMES INCHADOS POLA ALERXIA ÁS FLORES

 Na primaveira chegan tamén as alerxias e, a veces, por reaccións ó pole, hai cousas que inchan no noso corpo. Pero...a que non sabedes que? ás letras en maiúscula tamén lles pasa!!


Polo que se unimos AS LETRAS QUE FORMAN O NOSO NOME E A COR DAS FLORES...podemos crear arte coas letras inchadas!!! 

Ollade que nomes tan divertidamente primaverais!!














AS PARTES DAS FLORES E OS SEUS NOMES

Os xardíns está florecidos e hai diversidad de flores. Pero, nas flores, distinguimos varias partes que estivemos traballando na asamblea e que fomos plasmándoo na pantalla dixital en minúscula.

Pois despois chegou o noso turno, no que tiñamos que poñerlle o nome nas flores da folla.


Tiñamos que recortar as etiquetas cos nomes en maiúscula e colocalas no lugar correspondente.


E, se algún compañeiro/a precisa axuda ou dubidan en algo, axudámoslle con cariño e tenrura.



Ó rematar, coloreábamos as nosas flores que quedaron así de preciosas!!!!





miércoles, 26 de abril de 2023

CONTACONTOS: XABI E HUGO

 Recibimos a visita de Xabi e Hugo que viñeron contarnos un conto. 


Con moitos xestos e ruidos que axudaron a que a historia fora amar de entretida!


Non sabemos se estaban nerviosos ou non pero, a verdade, é que non lles notamos nada porque a historia parecía escrita por eles.



E, ó finalizar, como non!!! A foto final con contacontos que son familiares de Lucas. Xabi é o seu irmán e, Hugo, o primo (pero PRIMO 2º, expecificado por Lucas,jeje)



martes, 25 de abril de 2023

CONTACONTOS: SOFÍA E MARIÑA

 Sofía e Mariña estiveron na Rufiteca e encatoulles este conto "PROHIBIDO BESARSE?", polo que preparalo para contarllo ós seus compis no plan lector na aula. Tamén Andrea pero, a pobriña, está enferma e non puido participar (pero cando volva, repeten,jeje). 

Así que todos estaban súper atentos a esta historia tan amorosa.


Pero eiquí un "roubado" onde vemos a estas grandes artistas do teatro en acción. 
Pinchade na imaxe de abaixo:


Pero, como o fixeron tan ben, o martes foron á aula de 1º de primaria para contarlles o conto no seu Plan Lector e quedaron abraiados polo ben que o fixeron!!!










viernes, 21 de abril de 2023

SERGIO FINALIZA A SÚA FASE DE PRÁCTICAS

 Chegou o momento que non queriamos que chegara: SERGIO, O GRAN SERGIO, FINALIZA A SÚA FASE DE PRÁCTICAS.



Así que os días anteriores preparamos uns cadernos con debuxos, decoramos a clase con globos de cores e...


...e hoxe, xoves démoslle os agasallos dos peques, das familias e da profe que foi a titora de prácticas.


Queredes ver o video? Pois pinchade na imaxe dabaixo!!


Como estaba moi emocionado...EMOCIONADO...non era capaz de seguir co que tiña pensado facer, así que marchamos xogar un ratiño ó patio.




Despois de recuperarse, levamos a cabo xogos deses divertidos que sempre faciamos con Sergio!!!

Esta vez nos poñía 2 ou 3 tarxetas coas letras do abecedario e tiñamos que pensar...pensar...pensar unha palabra que conteña esas letras!!! Semellaba difícil pero estes pequerrechos sorprendéronnos!!!



O venres continuamos cos xogos e, esta vez, tiñamos que darlle pistas entre todos a un compañeiro para que adiviñara a imaxe que tiña detrás.




Tamén chegou o turno para Sergio. Botámolo fóra, acordamos dentro que queriamos que adiviñara, a mestra buscouna por internet e , cos ollos pechados, entrrou novamente a aula.



E, como non, NON FALTARON OS ABRAZOS E OS BIQUIÑOS!!!!



Tamén trouxo Sergio agasallos dulces SEN GLUTEN para todos!!! mmm...





AI, CANTO IMOS BOTAR DE MENOS O NOSO SERGIO!!!

É UN GRAN GRAN MESTRE DE VOCACIÓN!!!



EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...