viernes, 26 de marzo de 2021

MISIÓN "COELLIÑOS DE PASCUA"

Chegamos a clase coa ilusión do día de hoxe porque sabiamos todo o que nos agardaba neste día. O COELLIÑO DE PASCUA veu pola noite para agacharnos unha sorpresa e entramos MOI NERVIOSOS e intentabamos buscar se deixara rastro pero, DESCUBRIMOS QUE NOS QUITARA AS FICHAS DAS NOSAS GABETAS!!! 

Pinchade na imaxe e veredes que entrada á aula tan...TOP!!!

Despois de facer as rutinas, puxemos as coroas que estivemos elaborando esta semana porque nos convertemos en Coelliños de Pascua de Campañó!!!!







Despois tivemos unha cita no patio do colexio seguindo as medidas de seguridade. Iamos disfrutar do espectáculo dun...

MAGO !!!










Ó chegar a clase, o coelliño deixáranos un cestiño cunha carta ...que será?


Había unha sorpresa no patio e debiamos xogar para descubrir o noso agasallo, 
polo que tiñamos que buscar a metade dos nosos ovos!!!



Así que...RUMBO Ó PATIO!!!





E, por fin atopamos todos os ovos de Pascua de CHOCOLATE!!!!


E, como non podía ser doutra maneira, despois disfrutamos da DEGUSTACIÓN destes oviños de chocolate!!

PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO PARA VER VÍDEO







E con este VÍDEO FINAL rematamos o día de hoxe!!! Un día moi chocolateiro e emocionante!!! Perdoade aos que non coman moi ben na casa ao mediodía! jejeje.

XOCARVI E OS ANIMAIS DE GRANXA

 Hoxe recibimos no correo a invitación a unha nova CANLE DE YOUTUBE na que, no seu primeiro vídeo era un vídeo musical sobre os animais da granxa.


Amosábanos algúns animais de granxa e o son que fan. Imaxinádevos o que lles gustou que non paraban de pedir unha e outra vez que llo volvera a poñer.

 PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO E VEREDES UN PEQUENO VÍDEO.

Neste vídeo podedes ver á NAI DE XOEL P. e, en voz en off, contestando, ao propio Xoel!!!! Este é o primeiro de moitos súper vídeos que nos vai traballar para expoñérnoslo e así aprender cantando con:

XOCARVI

miércoles, 24 de marzo de 2021

UN DÍA VACUNO NA AULA

 Hoxe chegou á nosa clase o conto de "A VACA QUE PUXO UN OVO". Que unha vaca puxera un ovo? Iso é imposible, pensaredes. Pois tendes que preguntarlle aos vosos fillos se é ou non posible.


Despois, rematamos de montar as nosas vaquiñas con material de refugallo con: 

- envases de queixo fresco

- cartóns

- escarvadentes

- lá,...


E mirade que orixinal está quedando o noso mural da granxa.





Así que vos deixo 2 SÚPER ALBUMES ILUSTRADOS por se queredes engadilos á vosa biblioteca persoal porque, de seguro, que será moi divertido lelos e relelos cada día!!!


lunes, 22 de marzo de 2021

EXPOSICIÓN UXUE: A COLLEITA DO MILLO

HOXE UXUE DELEITOUNOS CUNHA MARABILLOSA EXPOSICIÓN SOBRE A COLLEITA DO MILLO. NON ESTIVO NADA NERVIOSA, TODO O CONTRARIO! ESTIVO SÚPER ALEGRE E XOGUETONA.


CONTOUNOS QUE O MILLO HAI QUE SEMENTALO NA TERRA E QUE MEDRA UN MONTÓN!


E CANDO É MOI ALTO, HAI QUE COLLER AS ESPIGAS.


DEBULLÁMOLO, MOÉMOLO NO MUÍÑO E... TEMOS FARIÑA!!


COA FARIÑA PODEMOS FACER PASTEIS, PAN...


E TAMÉN DARLLE DE COMER AOS ANIMAIS.


E SE QUEREDES VER O BEN QUE O FIXO, PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE.


POR ÚLTIMO, DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTIÑOS COLOREANDO O DEBUXO DUNHA MAZORCA E A PALABRA "MAÍZ".





EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...