miércoles, 30 de marzo de 2022

OBRADOIRO DO PROXECTO: "PAUS DE AUGA"

 Estamos traballando a alimentación e non vai ser todo cociñar,non? que tal se unimos alimentación e música?

 Pois iso é o que estivemos facendo desde hai tempo no que utilizamos os tubos de cartón dos papeis contínuos que se utilizan nas camiñas dun dermatólogo (gracias a Rocío e Cristina), por exemplo, e despois:

- cartóns

- arroz

- garabanzos

- lentellas

- axóuxeres

- cola branca

- silicona quente (so as mestras)

- Spray de cores, témpedas, pinceis,...



E todo esto elaborándoo pouco a pouco, por turnos, xunto coa profe Ángela nunhas sesións de arte e rematandoo depois coa titora na aula e sabedes que creamos?



PAUS DE AUGA!!!!!!

Agora a relaxarnos co son que escoitamos cando o xiramos... ohm, ohm...







E así soan algúns dos nosos paus mentres agardan algún para ir ó comedor...







martes, 29 de marzo de 2022

TEATRO NO COLE "SAAABOR"

Co motivo do noso proxecto sobre "Dalle sabor a túa vida!", acudimos ó teatro no noso colexio co espectáculo:


"SAAABOR!!!"




Que ben o pasamos! Canto nos divertimos! A verdade foi un espectáculo do máis motivador que captou a nosa atención dende o minuto 1.




Abraiados coa súa posta en escea!!




Todos colaboramos do espectáculo e ata a mestra María, a de 5 anos, fixo maxia!!!



Ademáis, tamén moitos sons que animaron todo o tempo mentres estes dous "cociñeiros" preparaban os seus caldos...




E, ó chegar a clase, o primeiro que fixemos foi a asamblea e despois debuxamos as cousas que máis nos gustaron do espectáculo!!!! Non chegaba o folio para darlle vida a todo o que queriamos por. Pero mirade que maravillosos debuxos!






















CREACIÓN DE CONTOS CON VALORES: "Mariña, Diego e o tobogán"

A semana pasada levamos outro obradoiro de creación oral de contos co alumnado de valores. Esta vez os protagonistas desta historia de amistade foron Mariña e Diego que, xogando no patio, escoitade que pasou:



E toda historia que se preste, nas nosas idades, vai acompañada das súas ilustracións e nós, como somos uns artistas, mirade que cousas máis bonitas fixemos:












Por certo, xa estamos listos para crear outro conto!!!!


sábado, 26 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE COCIÑA: GALLETAS DE MANTEQUILLA

 Non hai nada máis divertido que cociñar e, se o facemos na clase co resto dos caracois...MOITO MELLOR!!!

O primeiro que imos precisar é conseguir todos os ingredientes para poder comezar. Así que as mestras foron mercar todo o que precisaban PERO OLLO!!! Temos que ter en conta as alerxias da clase, así que debemos coller cousas que NON CONTEÑAN GLUTEN!!!




Así que botamos todos os ingredientes nun bol e mesturamos todo xunto ata conseguir unha masa blandiña pero que permita ser manipulada (no caso de ser preciso, ir botando fariña ós poucos ata conseguir a textura desexada):

Todo ben limpo, sen "contaminación" puxémonos mans á obra. Pasamos por parellas pola mesa de traballo para amasar e cortar as galletas coa forma que máis nos gustara e, despois, cada uno colocaba as súas masa no papel de hornear co seu nome.


Non hai nada mellor e máis divertido que "emporcallarnos" as mans con fariña e cortar cos moldes, como se fora plástilina...pero esta si se pode comer!!! jajaj.















Xa todas estaban listas e "esperando turno" para entrar no forno.


Deberá estar a 180º uns 15 min aproximadamente (depende do forno)



Cando finalice o tempo, sacamos as galletas para que enfríen (un adulto) e, despois, espolvoreamos azúcar glass por enriba.



O traballo foi sinxelo pero, o complicado, foi agardar a que todos tivéramos as nosas galletas feitas porque tiñamos moitas gañas de devoralas porque na clase había un aroma...mmm!!!






Pero, cando todas enfriaron...Ó ATAQUE!!!!!!
(pinchade na foto de abaixo para ver o pequeno vídeo)
E confesamos que fixemos unhas de máis porque, despois, seguían tendo gañas de galletas e
 NON QUEDOU NINGUNHA DOS PLATOS!!!!



Unha xornada moi dura pero doce que comezamos ás 9.30 con todos os ingredentes fóra e rematamos ás 14.30 coas galletas que fixemos dentro das nosas barriguiñas,jajaja.

O SEGUINTE POSTRE SERÁ...¿?...shhh



E se

































EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...