viernes, 6 de noviembre de 2020

XA TEMOS MASCOTA!!!

Este curso imos traballar sobre os animais e, na clase, apareceu un pequeno HAMSTER!!!!


Ten a súa casiña perfecta para descansar e poder xogar na roda. Pero semella estar cómodo entre nós así que...



...decidimos ADOPTALO e COIDAR DESTE PEQUERRECHO!!!



Así que decidimos que, cada día, se ocupe o encargado de coidalo. Teralo na súa mesa e poderá xogar cando sexa o momento de xogo. Mentres traballamos, deberá descansar. E poderá ir co encargado cando fagamos o desdoble porque non queremos que quede so na mesa.




 PERO, AGORA QUE O PENSO, 
NON TEN NOME!!!!!

RECOMENDACIÓNS DIXITAIS: aprendemos mentres nos divertimos

 Como ben vos comentara, esquí vos deixo unhas suxerencias dixitais por se queredes:

1.- TUX PAINT (ordenador)

Este é un programa moi sinxelo e intuitivo que da moito xogo. É un xogo libre que podedes descargar gratuitamente nos vasos ordenadores. Eiquí vos deixo un pequeno vídeo (de moitos que hai na rede) que vos explica que podedes facer e cómo se poden divertir.


Como vos digo, é moi intuitivo e tanto poden xogar libremente como pedirlles que fagan cousas mais concretas para reforzar conceptos como, por exemplo,:

- Escribe o teu nome

- Pon 2 sellos de círculos

- Engade 3 sellos de gato

- Debuxa un arco da Vella...

Para iso, pinchade na imaxe de abaixo e accederedes á web do programa e así o podedes instalar.



2.- APPs de CALIGRAFÍA (móbil e tablet)

Eiquí comparto unha relación de APPs para reforzar a grafía das letras que podedes descargar nos móbiles ou nas tablet, aínda que é máis aconsellable nestas últimas por ter un espace maior para traballar. Pero, ollo!!, solamente traballade as MAIÚSCULAS.

Hai algunhas que presentan versión completa de pago. Nas tablets do cole temos a segunda pola esqueda que aparece na parte superior da imane de abaixo (a que presentan unhas boliñas de cores a modo de arco da Vella). Soamente recomendo a versión en maiúscula.




NÚMERO 1 E O TRAZO

Hoxe tiñamos toda a mañana para aprender, aprender e aprender. Por iso, combinamos momento de xogo con traballo individualizado onde, un por un, foi realizando os seus trazos do Nº1 e reforzamos a forma de coller o rotulador de maneira persoal e con moito agarimo. Como nos gusta esta actividade porque pouco se resistiron a facer a grafía utilizando unha soa cor! jeje. Mirade que maiores están!!! 




























Mentres uns traballaban de maneira individualizada coa profe, os demais xogaban nos recunchos correspondentes e mantendo orden.





Tamén tiveron sesión de arte coa mestra Ángela e teñen na clase o mural que decoran cada semana coas súas magníficas obras de arte!



Pero non solamente se traballa en papel, tañen utilizamos a PDI para reforzar a grafía do nº1 e da vogal A, como poderes ver un dos pequenos vídeos pinchando na imaxe.






SAMAÍN NOS FOGARES

 

Eiquí chega o Samaín e os peques comparten con todos cousas interese:


1.- A LARA encántalle moitísimo o conto "O NOSO SAMAÍN" e recoméndanos que o teñades na biblioteca das cosas casas.





2.- A XOEL P. recoméndannos o "OSITO TITO" que é a súa debilidade de historia e danos unha estupenda idea cunha manualidade terrorífica que é facer unha araña enredada nunca tea de araña de la nun prato desechable. Podedes facela con cartón, cartuliña, tubo de papel hixiénico,...ENCÁNTAME A IDEA, animádevos???





3.- SOFÍA está xunto as súas irmáns como as 3 meigas de Galicia que enchen de maxia e locura o seu fogar.






4.- ANTÍA adora converterse en bruxa e facer pocións máxicas na súa cabaza violeta...gracias que o seu traxe é de cores marabillosos e metálicos que nos enamoran. ESTÁ PRECIOSA!




5.- MARTÍN M.  e a súa irmán son adorablemente "feísimos" e dan moito medo!!!!Que Ben o pasan estes dous pillabáns que teñen unha unión fantástica!







6.- THIAGO G. decorou a casa con motivos terroríficos e, eu non sei, pero debe provocar moitos sustos cando o atopan pola casa a escuras,jajaja.





7.- UXUE pásao xenial coa historia "El gran susto de Halloween" de Bob Esponxa.




8.- XOEL M. , xunto cos seus irmáns, ensínannos unha adiviña marabillosa!!




9.- MATÍAS N. fixo esta estupenda manualidade de Samaín.. animádesvos a facela?



10.- MATÍAS F. fixo estas incríbles galletas de Halloween e mándanos o vídeo do resultado. Eu...eu...QUERO APRENDER A FACELAS!!!! Menuda pintaza!!!



11.- THIAGO A. fixo unha súper tarta pero...EU QUERO!!!


12.- E moitos participáchedes co centro mandando as vosas cabazas decoradas dado que, este ano, non podemos disfrutar da exposición que facemos... así que eiquí estas marabillas!!!







EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...