jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N - DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER e facemos alusión a unha canción que está soando no cole durante os cambio de hora e é "LA PUERTA VIOLETA":




Estivemos traballando un pouquiño o tema e, desde o colexio, elaboramos BÁGOAS XIGANTES VIOLETAS , cada aula aportaba a súa mensaxe e están expostas no corredor da entrada do cole:








E na nosa aula traballamos a importancia de respectar ós demáis, respetar o NON e non obrigar a ninguén a facer o que non quere e, por iso, esta foi o noso deseño:





E na aula invadiuse de cor violeta (ou semellante)




Tamén fixemos un traballo mesturando as TICs e a BIBLIOTECA, polo que decidimos facer un VIDEOCONTO en galego sobre "Até as princesas tamén soltan peidos" e agardamos que vos guste:



 

E eiquí vos deixamos unhas historias relacionadas coa temática para que vexan tamén na casa:








miércoles, 24 de noviembre de 2021

CELIA E ALMUDENA, CONTACONTOS DE 5º ED. PRIMARIA

Hoxe atopamos un cartel na clase anunciando que Celia e Almu virían facer unha sesión de contacontos ás 11.45h na aula.




Viñeron contarnos "ACOUGA BABAU", a divertida historia dun can chamado Babau que debía aprender a acougar e non apurarse a facer as cousas.




Todos estiveron expectantes en todo momento porque a historia era moi atractiva e as contacontos o facían de marabilla, con moi boa entoación, expresividade máxima e captaron a atención deste público tan difícil de manter calado como son os peques caracois.



Quedamos con gañas de que repitan esta experiencia porque queremos voltar a recibir contacontos tan xeniais na aula. Pero, antes de marchar, recibiron un fortísimo aplauso dos Caracois!!!

jueves, 18 de noviembre de 2021

SAÍDA DE OUTONO POLA CONTORNA

 Este xoves levamos a cabo parte da sesión pola nosa contorna...




...porque somos RECOLECTORES DE FOLLAS DE OUTONO.






Disfrutamos moito recollendo as follas secas e clasificándoas nas bandexas. Un xogo divertido no que as carreiras estaban aseguradas.



Non había recuncho no que non houbera una folla agachada.





Somos un equipo, temos que estar unidos para acadar o que queremos: F O L L A S !!!





Tamén atopamos piñas!!!




E tivemos tempo de xogar coas follas!!! Descubrimos a unhas compañeiras que estaban a xogar...



Así que decidimos tirar as follas TODOS!!!!




Despois de estar un tempo entre árbores e follas, puxemos rumbo á aula coas bandexas cheas.




E, polo camiño, atopamos pelegríns que falaron con nós!!!!




E antes de entrar a clase, recollimos algunhas follas
 amarelas, laranxas e vermellas que caeran da árbore da entrada.




Xa na aula, bebimos auga e descansamos do paseo para...



... poñernos mans á obra!! 





Estas follas serven para utilizalas nas nosas actividades, como?




RECORTÁMOLAS








PINTAMOS AS  FOLLAS DO PAPEL CON CORES DE OUTONO





E DESPOIS PEGAMOS OS ANAQUIÑOS DAS FOLLAS ENRIBA DAS QUE COLOREAMOS




E, entre todos, ELABORAMOS O MURAL DE FOLLAS DE OUTONO!!! A que quedou bonitiño??



E PARA VER TODAS AS FOTOS, PODEDES VER NO ALBUM DE NOVEMBRO OU PINCHANDO EIQUÍ!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

MARIÑA E AS CENORIAS

 









Eiquí o vídeo da exposición:












XOGAMOS EN PARELLAS Ó TANGRAM

Hoxe traballamos co alumnado de VALORES o xogo de pensar en parella. Gracias a pezas de TRANGRAM de cores tiñan que reproducir o debuxo da tarxeta que lle tocaba.


















Importante ter paciencia,concentrarse para observar ben como colocar as pezas e axudar á parella se o precisa. 



 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...