viernes, 19 de mayo de 2023

SAÍDA Ó MUSEO E A GADIS

 Listos e MOI PREPARADOS para a saída ó Museo de Pontevedra e a Gadis!! Emoción a tope!!


Chegamos ó Museo e deixamos as nosas mochilas. Despois subimos 3 pisos e lembramos as normas do museo: non se pode tocar nada, hai que manter silencio, andar despacio e a modiño respetando todo os obxetos.




Comezamos pola primeira obra de arte que, aínda que pensabamos que era do fondo do mar, realmente era do espacio!!!




O segundo cadro analizámolo máis e máis. Era un soño, polo que non había cousas sen pintar.



E alí, xusto nesa sala, había outro cadro moi colorido, con moita xente.



E tamén observamos e analizamos outro cadro no que habían 2 personaxes...e que tal se nos poñemos por equipos e tratamos de montar o puzzle?









Tamén estivemos analizando otro cadro que semellaba un pouco máis triste pero feito estilo collage, interesante...como facemos no cole...



Ó rematar a visita, puxemos rumbo a Gadis. Para iso tivemos que andar polas rúas de Pontevedra, sen correr e tratar de manternos xuntos e sen molestar ós outros viandantes.

Ó chegar a Gadis estaba Sergio agardando por nós!!!
Visitamos todas as seccións do supermercado e agasalláronnos cunha bolsilla con mazás e botellas de auga para que a nosa merenda sexa saudable!!!



Para finalizar a xornada, fomos merendar preto da ponte do Burgo e xogamos durante un recreo especial no barco ata que nos veu buscar o autobús para levarnos ó colexio!!!


Unha saída moi divertida!!!! Queremos repetir!!!

martes, 16 de mayo de 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS 2023

Algúns trouxemos a clase uns debuxo que fixemos xunto cunha palabra en GALEGO que decidimos aportar neste DÍA DAS LETRAS GALEGAS:













E, para reforzar as palabras aprendidas en galego, nada mellor que xogar cun KAHOOT personalizado con ALGÚNS dos nosos debuxos. Pinchade abaixo, na imaxe, para poder xogar:



Estivemos xogando na clase por turnos e fixemos 3 pases xogando co KAHOOT!! Creo que o temos dominado, queredes ver un pouquiño dun dos turnos? Velaí o tedes pinchando na imaxe dabaixo.




lunes, 15 de mayo de 2023

O MONSTRUO DAS SÍLABAS

 Na clase de PELO, Plan de Estimulación da Linguaxe Oral, traballamos por grupos.



Cada grupo tiña varias tarxetas con imáxenes.



Por turnos, tiñamos que sacar da caixa do monstruo lila unha tarxeta coa SÍLABA INICIAL coa que comezaba o nome dalgunha das imaxes das nosas tarxetas.



A cousa estivo moi reñida ata o final!!! Pero que ben o pasamos!!! Disfrutamos a tope e aplaudimos ó final polo ben que foi a clase!!!




viernes, 12 de mayo de 2023

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Tivemos o luxo de contar cunhas familias estupendas formadas por enfermeiras e médicos estupendos que organizaron un OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS para todos os cursos do colexio.



Estivemos no ximnasio onde tiñan organizados varios stands con material médico: vendas, depresores, aparato para medir a tensión..



Explicáronnos moitas cousas e tamén puidemos manipular o material e poñernos no rol destes profesionais.



Unha xornada divertida á vez que aprendimos moito sendo enfermeiros, médicos e pacientes.


Que sorte tivemos de poder participar neste obradoiro!!! Pasámolo xenial!!!



EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...