jueves, 29 de septiembre de 2022

SORPRESA NA PAREDE: O NOVO VECIÑO

O luns chegamos o cole e alguén instalara a entrada da súa vivenda na parede da nosa clase, co seu felpudo e a escaleira para poder baixar ata o chan desde o zócalo.

Pois nin máis nin menos que o Ratiño Pérez!!! MENUDA SORPRESA!!! Canto tempo estivo escavando para facer o túnel que unía a súa vivenda coa nosa aula???







Pois da a casualidade que a un compañeiro caeulle un dentiño mentres estaba enfermo na casa e, sabedes unha cousa? O Ratiño deixoulle uns regaliños! 


Foi un diploma no que poñía que o dente era de primeira calidade polo ben coidado que está e unhas lambetadiñas!! Menuda ledicia tiña!!


O diploma é pequeniño para nós pero enorme para o ratiño, así que debeu vir moi cargado!!


E eiquí podedes ver o DESDENTADO co seu buratiño !!! Parabéns!!!


ACHEGÁNDONOS A GRAFÍA MINÚSCULA DAS VOGAIS

 

Estamos achegándonos ó mundo das minúsculas na escrita e aprendendo os xiros. Como reforzo, se queredes, tedes estes pequeniños vídeos onde amosan (sen son) como facemos na clase.











viernes, 23 de septiembre de 2022

A PROFE ALUCIONANDO


 Hoxe reforzamos a U e as palabras que contén dita vogal. Unha delas era “UVA” e escribín na pizarra “u” en minúsculas e despois axudáronme a seguir escribindo a palabra PERO quixeron que seguira escribíndoas en minúsculas.


Despois de amosarlles como se facía a grafía de cada unha, elaboramos a ficha coloreando as uvas e despois tiñan que escribir a palabra “uvas” enriba do debuxo coa condición de que a vogal “u” tiña que estar ben escrita porque xa sabiamos facela e, as demais, se lles saía “tururú a letra” NON PASABA NADA. Pero…sorprendémonme tanto que temos que vos mostrar o nivel do que partimos este ano…ALUCINADIÑA 


jueves, 22 de septiembre de 2022

RECUNCHO DO CORREDOR

O xoves é o día que Xogamos no recuncho do corredor do cole con material de refugallo. É moi divertido!!! 

Eiquí tedes unhas fotiños do ben que o pasan e das creacións tan orixinais que realizan!





















SOMOS ÚNICOS

     Este curso a AULA DOS CARACOIS imos participar nun programa contra o acoso escolar promovido por COLACAO. Creo que é moi importante traballar actitudes positivas de respeto, aceptar e aprender das diferencias, de que todo o distinto é fonte de aprendizaxes,... desde moi pequenos. 

     Os caracois teñen uns corazóns enormes que se lles saen do caparazón pero, aínda así, imos reforzar sentimentos e conciencias para medrar cuns corazóns ÚNICOS (Aínda que é a partir de 1º EP imos adaptar as actividades as súas idades e as súas destrezas.)


     Asemade, gustaríame que tamén sexa algo que traballemos desde as casas, que atopen na casa e na escola o mesmo caminiño de NO BULLING. Todos somos ÚNICOS. Cada un ten a súa esencia, a súa semente que medrará de maneira distinta nuns e noutros pero que sempre temos que respetar para convivir felices e nós, desde o seno das familias, respetar que os nosos fillos sexan únicos.

     Temos que reforzarlles o respeto ós demais por calquera razón que sexa e iso comenza sendo nós, os adultos, os que respetemos ós nosos iguais. E, sobre todo, que se respeten eles mesmos.

     Pinchando na imaxe de abaixo podedes acceder a máis información por se é do voso interese.




miércoles, 21 de septiembre de 2022

A NOSA MASCOTA "REAL": A TARTARUGA

Acaba de chegar a clase a nosa TARTARUGA "REAL" e caousa sensación entre os seus donos,jiji.






Despois de enchela de auga e de mirala con amor, a nosa tartaruguiña precisa dunhas cousiñas.





É preciso que tela calcio para que o seu caparazón estea duriño. O calcio ten forma de tartaruga e solta po como se fose un xiz de pizarra.



Despois precisa de comida. Precisa de penso e, os camaróns, son as súas "chuches", así que queda para os fins de semana.



Pero a nosa tartaruguiña non ten nome...que imos facer?



Pois o que imos facer é propoñer cada un un nome. Para iso precisamos pensar durante o recreo e, á volta, collimos o noso lapis, puxemos a cabeza en funcionamento e...escribimos libremente o nome que propoñemos porque SABEMOS ESCRIBIR!!!! TODOS!!!






E eiquí podedes ver as súas propostas. Algúns suxeriron o mesmo nome (como nube, corazón,...)









Como non pode ter todos os nomes, decidimos votar entre todos.

Despois dunhas votación moi interesante, o nome gañador foi:


COLORÍN



Así que POR FIN temos unha mascota que respira e se move, jejej e cun nome moi alegre e divertido!!!


EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...