lunes, 31 de mayo de 2021

XOGO RECICLADO "ENCASTA O TAPÓN"

Reciclar pode ser algo moi divertido se transformamos o obxeto nun xogo.




Soamente preciosamos a parte superior dunha botella de plástico (a metade de abaixo transformámola en maceta) e decorámolas con restos de pegatiñas. Logo reutilizamos os tapóns que estivemos gardando este tempo xunta co restos de la e elaboramos un xogo:


ENCESTA O TAPÓN!!



 

Así que marchamos ó patio para xogar porque , neste xogo, precisamos estar ben separadiños para non mancar a ninguén!








Pinchade na imaxe e os veredes en movemento!!!
























jueves, 27 de mayo de 2021

ESPOSICIÓN IZAN: "OS CABALOS"

 Para Izan o seu animal favorito é o CABALO, por iso foi o que escolleu para facer a súa presentación.

Estaba moi seguro de si mesmo porque era un tema que dominaba totalmente.




Dos animais da granxa é o seu favorito.




Nacen da barriguiña da súa nai.



O que máis destaca é o pescozo longo e a súa cola.




As súas orellas están sempre erguidas.




O seu peso e altura dependen da raza.




Come unha gran variedade de herba.




E o que máis lle gusta deles é velos galopar!!!


A Izan gustaríalle moitísimo ter un cabalo e, de momento, confórmase co de xoguete que ten e que trouxo hoxe á exposición. Pero, para que vexades o ben que o fixo, abaixo pinchade no vídeo:



miércoles, 26 de mayo de 2021

DEBUXAMOS ÓPERA "O BARBEIRO DE SEVILLA"

 Podemos pintar árbores, flores, bolboretas, o sol, paxaros, o colexio pero TAMÉN PODEMOS PINTAR ÓPERA!!

Hoxe recibimos a noticia de que o granxeiro tivo que ó barbeiro porque tiña que cortar o pelo e arranxar a barba pero resultou que o barbeiro era de Sevilla e resultou ser un tanto...particular...


O que "mola" é poñer este vídeo cun bo volume e vos preguntaredes...gustoulle ós peques esta canción? Pois non hai nada mellor que vexades as súas reaccións escoitando A ÓPERA co tema "O barbeiro de Sevilla". 

PINCHADE NA FOTO PARA VER O VÍDEO


E claro, querían voltar a escoitala pero e qué tal se DEBUXAMOS A ÓPERA??? Pois claro que si!! imos debuxala pero como?? 

Apartamos todas as mesas, collemos papel continuo branco, enriba da mesa de cada equipo temos os rotuladores e...



... E IMOS A DEBUXAR TODO O QUE NACE ESCOITANDO ÓPERA "O barbeiro de Sevilla"

PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO PARA VELOS EN MOVEMENTO




E todo foi cuestión de comenzar para ponerse en ACCIÓN!!!










Mola moito pintar todos xuntos e tirados polo chan.






O mellor foi o respeto entre eles, non estorbar e, á vez, deixar sitio ós demais para que fagan os seus debuxiños, enchendo de cor e ledicia o mural cooperativo o son da ópera. Sorrisos en estado puro!




Esta é a marabillosa obra resultante pero xa estamos buscando nova música para ver que nos suxire e debuxala! Agardamos que vos gustara!!!





f

EXPOSICIÓN DANIELA : "OS PORCOS"

 Hoxe tocoulle a exposición a Daniela que non estaba nerviosa, estaba SÚPER NERVIOSA!!!! Igual cunha pulguiña brincando pola aula pero que disfrutou e fixo disfrutar moito ós compis caracois. 



Contounos que os porcos comen herba.




E tamén lles gusta as mondas de pataca molladas.




Encántalles chapotear nos charcos.




Son de cor rosado e teñen 4 patiñas.




Gústalle "empocarllarse" no barro para estar fresquiño.




Ten un rabiño cortiño e "riSado",jejeje




E remata o día durmiendo moi quentiño sobre as pallas.



E se queredes ver a esta pitufa o ben que o fixo, podedes pinchar na imaxe de abaixo:

(Fala baixiño pero o fixo xenial!!!)



E finalizamos a exposición aprendendo a escribir a palabra "PORCO"...





... e despois, con cancións de granxa, coloreamos os nosos coloridos porquiños!!!









EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...