Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de mayo de 2023

CONTACONTOS DE REUTILIZAR, RECICLAR E NON MALGASTAR

 No colexio disfrutamos dunha sesión de contacontos sobre RECICLAXE, REUTILIZACIÓN... fantástico!!


A contacontos Cecilia trouxo 4 caixas e, en cada unha, estaba agochada unha historia. Un conto que nos amosaba a importacia de coidar o medio ambente, non contaminar, reutilizar,...e todo está nas nosas mans!!!



Foron 4 caixas: azul, amarela, vermella e verde. Cada historia era xenial onde, con cada aventura, aprendimos moito. Certo é que Cecilia gustounos moito e nos deu moito que pensar!!!





PLANTAMOS CACTUS sen sementes!!!

 Hoxe o sol e o calor invitounos a coñecer outro tipo de flora que son os cactus.

Os cactus poden ser de diverso tipo: grandes, pequenos, con pinchos, sen pinchos...pero, o máis chamativo, é que non precisamos sementalos como fixemos coas cabazas. Simplemente precisamos sementar unha das follas e medrarán!!!

Así que puxémonos en marcha enchendo os nosos vasiños que reciclamos como macetiñas.













Agora xa as temos na clase onde lle da o sol e, cada día, o encargado deberá regalas.


Temos que ter paciencia porque o tempo é moi importante. 
As raíces deben medrar e así o cactus será moi forte!!!







lunes, 31 de mayo de 2021

XOGO RECICLADO "ENCASTA O TAPÓN"

Reciclar pode ser algo moi divertido se transformamos o obxeto nun xogo.




Soamente preciosamos a parte superior dunha botella de plástico (a metade de abaixo transformámola en maceta) e decorámolas con restos de pegatiñas. Logo reutilizamos os tapóns que estivemos gardando este tempo xunta co restos de la e elaboramos un xogo:


ENCESTA O TAPÓN!!



 

Así que marchamos ó patio para xogar porque , neste xogo, precisamos estar ben separadiños para non mancar a ninguén!








Pinchade na imaxe e os veredes en movemento!!!
























lunes, 26 de abril de 2021

PLANTAMOS DENTRO DE MR.MACETA (actualizada)

Jaime, o señor que vén entrenar ao Padelball no colexio polas tardes, agasallounos cunha plantiña. A dúbida é se terá flores ou non pero, para iso, debemos coidala.  

Ao amosarlla, puidemos ver que tiña pouca terra, pero aproveitamos para ver as partes da planta e, sobre todo, as raíces que non se soen ver.

A pregunta xurdiu de como chegou a nacer unha planta así de alta, entón fixemos unha posta en común das cousas que sabiamos sobre como medran as plantas.


Moitos dixeron que precisabamos unhas sementes, auga e calor do sol, así que aproveitamos para ver uns vídeos relacionados co tema:


Entón Andrea dixo:

 "EU TAMÉN QUERO TER UNHA PLANTA PARA MIN"

Así que todos dixeron que tamén querían unha, polo que nos puxemos mans á obra para plantar as nosas plantas: 

- Tiñamos as macetas, MR.MACETA, que fixemos reciclando materiais.

- Tiñamos sementes.

- Tiñamos palas, regadeiras...

- E a mestra fixo maxia e, fóra da clase, APARECEU UN CAPACHO DE TERRA!!!!

Pero sabedes quen recolleu esa terra para utilizala para plantar???? FANY!!!!!

Queriamos ir fóra pero estaba chovendo un pouquichiño ,así que preparamos todo para plantar na clase.

Puxéronse todos a xogar coa plastilina mentres agardaban o seu turno. E de un en un, ían acudindo ó recuncho de plantación, botaban un pouco de terra, facían un burato para botar as sementes e volvían tapalo cun pouquechiño máis de terra.


Así que, a continuación, podedes ver o ben que o fixeron:

 (Aínda que debemos recoñecer que, nalgúns casos, debido ao esforzo de coller terra, fixeron "efecto palanca" e digamos que "é como se botaran arroz a unha noiva", jajajaja).

















Agora xa temos todos os MR.MACETA cheíños de terra e sementes pero....



...están sen cabelo!!! Así que temos que regalos e mimalos agardando a que lles saia algo nesas cabeciñas... jajajaja.



Elaboramos as tarxetiñas personalizadas co pau de brocheta para colocalas nas macetas.









Despois, pasiño a pasiño, moi a modiño, levamos as macetas á parte de atrás do colexio para que estean tranquilas ó aire libre e podrán disfrutar da calor do sol e da auga da chuvia para medrar forte!!!





Pero para que non pasen sede, de vez en cando as regaremos nós con auga fresquiña.







Así quedaron tranquiliñas as nosas Mr. MACETAS e, habitualmente, viremos facer "a ruta de control" para ver como avanza o crecemento de "cabelo".




EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...