viernes, 25 de junio de 2021

UN FIN DE CURSO PASADO POR AUGA

 As mestras de Infantil queriamos que os nosos peques tiveran un FIN DE CURSO moi divertido e excitante, para que lles quedara un bo sabor de boca cara o vindeiro curso e con gañas de voltar ó cole. 

Este ano OS CARACOIS foron uns verdadeiros heroes dado que se portaron de marabilla, respetando as normas Covid, non podendo xogar no patio xunto cos outros nenos e nenas de infantil, pertencer ó grupo burbulla sempre cun sorriso na cara e marchar do cole ilusionados porque, ó día seguinte, volveríamosnos ver.

Así que comezamos a xornada coa BÚSQUEDA DO TESOURO coa mestra Ángela, cos seus antifaces de piratas marcharon rumbo polo cole!!




Desde o colexio ata o patio sen parar nesa búsqueda!





Tiveron que resolver misteriosas pistas para poder atopar a seguinte...






 ...ata preguntarlle á Marta, a corserxe,...nesta procura do tesouro participamos todXs!!!





E, como premio final, unhas lambetadas que ben axudan a repoñer forzas!!!





E despois...tocoulle ó turno ás PISTOLAS DE AUGA!!!!!






Así que puxémonos MODO VERÁN-PRAIA, toallas, gafas, bañadores, etc...






...e rumbo ó patio para a FESTA DA AUGA!!!! Diversión garantizada!!!














Estas e máis fotos no ALBUM XUÑO 2021 da aula (ou pinchando eiquí)

Despois de secarnos e cambiarnos de roupa para estar máis quentiños, non hai nada mellor que tomar o postre típico do verán...pinchade na imaxe de abaixo e veredes a sorpresa!!





E, claro está, que non podemos deixar que se estropee o postre así que...
 eleximos sabor e devorámolos!!!







E rematamos con xogo libre correteando un pouco e deixando que os nervios do día se vaian!!







O curso que ven comezará en 2 meses e medio, de seguro que estarán máis altos, máis morenos e máis maduros!! Acabamos de rematar e xa estou desexando estar cos meus caracois de novo... Así que rematamos o blog cunha das PRIMEIRAS FOTOS desde curso escolar. 

FELIZ VERÁN, FAMILIAS CARACOL!!!



viernes, 18 de junio de 2021

UN POUCO DE LOCURA E DE SORPRESAS

 Hoxe chegou un paquete a clase...menuda sorpresa!! que será??



O paquete semella grande pero non pesa...ohhh!!!




Oh, oh...parece que hai cousiñas de cores...




WOW!!! Menuda sorpresa para a festa da auga!!! Un agasallo para os meus caracoliños cos que van a disfrutar moito este verán!!!!

E eiquí unha pequena imaxe en movemento do recibimento da sorpresa,jajaja. 
PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.



Pero é un venres de tolería así que...

IMOS MESTURALAS TODAS  PARA FACER "CACA DE PLASTILINA"!!

Pinchade na imaxe e veredes un pequeniño vídeo.




EXPOSICIÓN MARTÍN F. "O Chimpín"

 Rematamos o curso coa exposición de Martín F. que nos contou cousas sobre O CHIMPÍN:


O chimpín é coma o trastor pero máis pequeno.





Ten dúas rodas diante e dúas detrás.





Ten diante o motor para poder movelo.





E un volante para conducilo.





Sirve para transportar herba para as ovellas.





E tamén levar millo para as galiñas.





E tamén transporta a leña para a cociña ou a cheminea.




E a Martín encántalle ir no chimpín!!!



E se queredes ver o vídeo do ben que fixo a exposición...pinchade abaixo!! Fíxoo XENIAL!!!




jueves, 17 de junio de 2021

TEATRO NA RUFITECA E PERSONALICIÓN DAS BOLSAS DE PAPEL

 Á mañá acudimos á Rufiteca porque o alumnado de 5 anos prepararon 2 obras de teatro para os compañeiros de ciclo. Primeiro foron os de 4 anos e, tras eles, acudimos os de 3 anos. Encantounos!!! Estiveron espectaculares e, en breve, subiremos os vídeos das actuacións.


Para ver este 1º vídeo, PINCHADE NA FOTO DE ENRIBA.



Para ver este 2º vídeo, PINCHADE NA FOTO DE ENRIBA.


Ó chegar a clase, vimos o vídeo que fixo a mestra Laura, a de música, onde todos bailamos o son da música!!




E, para finalizar, personalizamos as bolsas de papel que nos agasallou Rufiño cos nosos debuxiños!!






E se queredes velos en acción mentres as decoran, PINCHADE EIQUÍ.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...