viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 

Outro ano máis disfrutamos dos MANDADIÑOS DE RUFIÑO que, este curso, 
está relacionado co proxecto de centro "Dálle sabor a túa vida".



E así son de "mandadiños" estes caracois polo que cumpriron cada día co que Rufiño lles mandou!! Mirade que riquiños!!!!












E chegamos ó último día da semana onde todos iamos disfrazos de cociñeiros, xunto co gorro que fixemos na aula e que personalizamos coas nosas cores.



Hoxe tamén degustamos repostería propia do Entroido: como orellas e filloas.





E rematamos esta xornada carnavelesca coa actuación musical do grupo Migallas!!!! 
Que ben o pasamos!!!












Aquí podedes ver a elaboración do gorro de cociñeiro e cociñeira que fixeron estes nenos e nenas















E aínda queda carnaval. O venres que ven, polo Enterro do Ravachol, poden vir disfrazados de loito ou do disfraz que queiran!!!! Será o remata duns días de moita cor e música!!!!

miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

 Para conmemorar o Día de Rosalía, traballamos a súa biografía e a nós correspondeunos un anaco dela. Así que, por turnos, fomos grabando as frases no ximnasio xunto coa titora para despois crear un audio que, unido ó resto dos audios dos outros cursos, quedou esta peza audiovisual tan bonita. 




E, tras vela na clase, traballamos o nome desta escritoria na pizarra para despois copialo na ficha e debuxar a Rosalía pero, aínda que viste moi colorida (como vedes na foto de abaixo), sempre leva saia xa que, na súa época, as mulleres non usaban pantalóns, jeje.






lunes, 21 de febrero de 2022

OBRADOIRO DE DONETIÑOS

O venres 18 tivemos un obradoiro de cociña que nos veu impartir Rocío, a nai de Matías B. 


Primeiro contounos un conto moi, moi interesante:



Coa súa doce voz e a cara chea de tenrura, ...




captou a atención dos peques xa que todos queriamos ter 
" o super poder de comer ben"





E, despois puxémonos mans á obra. Tiñamos todos o que precisábamos na mesa.





Matías foi ensinádolles ós seus compañeiros como ía quedando a mestura cada vez que utilizabamos un ingrediente (todo apto para que Lara puidera manipular e comer todo sen problema co gluten).





Despois de que a masa estivera feita, foise poñendo nos moldes:





E así conseguiríamos a forma de "donete"




Preparamos o chocolate derretido para poder decorar as nosas delicias...mmm...



Así que, por turnos, decoramos con chocolate os nosos DONETIÑOS!!!! 










E, se vos preguntades se sobraron Donetiños, séntovos dicir que non sobrou NADIÑA!!!!!!!!!  Devoraron todo!!! Así que eiquí vos deixo a recetiña que xa vos mandamos en papel. Agardo que a fagades na casa e que disfrutedes moito facéndoa con eles!!!

Por certo, se facedes os DONETIÑOS e facedes outra versión cos vosos gustos, non dubidedes en mandar foto!!!!!



ROCÍO....MOITAS GRACIAS!!!!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...