jueves, 28 de enero de 2021

PROXECTO " ANIMAIS DA GRANXA " : A CASA DE LOLA

Este curso temos un proxecto no cole sobre os animais e, na nosa aula, traballamos os animais de granxa.

Os mércores, a profe Fany realiza diferentes actividades sobre esta temática na que os nenos e nenas o pasan en grande.

Este mércores comezaron facendo un repaso do que traballaron nas sesións anteriores. Este repaso consistiu en dicir o nome dos animais que a profe nos amosaba en fotos e o son que fan. Ademais, tamén nos ensinou os seus nomes en galego. Isto último déixanos anécdotas tan marabillosas como cando lles preguntou se sabían como se dicía "mariposa" en galego e lle contestaron que se dicía "maripousa".

A continuación, viron un vídeo-conto que lles encantou. Este chámase "Lolalá vamos a cantar - En casa de Lola" e deixámosvos aquí o link por se queredes botarlle unha ollada pinchando na imane de abaixo:




A continuación, realizaron en cadanseu folio un debuxo dunha granxa cos seus animais. 

Deixámosvos algunhas fotiños do momento creación dos nosos "mini-artistas":





No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...