jueves, 29 de abril de 2021

MOMENTO EXCURSIÓN!!

Hoxe foi un día moi emocionante e divertido porque... FOMOS DE EXCURSIÓN!!


Despois de merendar e ir ao baño, emprendemos a camiñata.


Sempre facendo fila, pegadiños á beira e da man da nosa parella.



Mentres iamos camiñando, fixemos algunha que outra parada para ver o que nos chamaba a atención (dous cans nas súas casas, un galiñeiro...).



E despois da camiñata, chegamos ao noso destino. Estivemos nunha zona rodeada de vexetación, onde nos sentamos nos bancos e mesas de pedra que alí había. Ah, e tamén había un lavadoiro e unha fonte.


A profe María falounos da vexetación, das árbores e da contorna na que nos atopabamos.


Ah! E vimos e falamos cunha señora maior que veu buscar auga coa súa regadeira á fonte.

E o momento máis divertido foi cando recolectamos follas de árbores, flores, piñas, ramiñas das árbores, etc. para levar para a aula e crear a nosa mesa de elementos da natureza.
                                    





   
  



E antes de marchar, foto grupal do momento excursión!!



Chegamos a clase e colocamos algunhas das cousas na mesa de clase 
para observar cada cousa con detenimento.




E así poder debuxar as cousas que máis nos gustaba.




Tras esto, bebimos un pouco máis de auga, foron ó baño e...

MARCHAMOS DISFRUTAR DOS TOBOGÁNS!!!




Aprendimos a xogar ó tren nos tobogáns pero...




...non sabemos se é máis divertido facer o tren ou O MOMENTO de aplastamento DE DESPOIS!!!jajaja




E claro, non podiamos rematar o día sen unha despedida xenial e é que regresamos á aula convertidos en gatiños!!! Pinchade na foto de abaixo...




PARA MÁS FOTOS, PINCHAR AQUÍ PARA ACCEDER AL ALBUM.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...