Para Izan o seu animal favorito é o CABALO, por iso foi o que escolleu para facer a súa presentación.
Estaba moi seguro de si mesmo porque era un tema que dominaba totalmente.
Dos animais da granxa é o seu favorito.
Nacen da barriguiña da súa nai.
O que máis destaca é o pescozo longo e a súa cola.
As súas orellas están sempre erguidas.
O seu peso e altura dependen da raza.
Come unha gran variedade de herba.
E o que máis lle gusta deles é velos galopar!!!
A Izan gustaríalle moitísimo ter un cabalo e, de momento, confórmase co de xoguete que ten e que trouxo hoxe á exposición. Pero, para que vexades o ben que o fixo, abaixo pinchade no vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario