Hoxe atopamos un cartel na clase anunciando que Celia e Almu virían facer unha sesión de contacontos ás 11.45h na aula.
Viñeron contarnos "ACOUGA BABAU", a divertida historia dun can chamado Babau que debía aprender a acougar e non apurarse a facer as cousas.
Todos estiveron expectantes en todo momento porque a historia era moi atractiva e as contacontos o facían de marabilla, con moi boa entoación, expresividade máxima e captaron a atención deste público tan difícil de manter calado como son os peques caracois.
Quedamos con gañas de que repitan esta experiencia porque queremos voltar a recibir contacontos tan xeniais na aula. Pero, antes de marchar, recibiron un fortísimo aplauso dos Caracois!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario