jueves, 16 de diciembre de 2021

ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL DO COLE

 Este ano, como o proxecto é "Ponlle sabor a túa vida", veume á cabeza a culler de pau, onde tantas avoas proban o caldiño que preparan no inverno ou tantas outras comidas. Por iso, os nosos adornos para a árbore irían con esta temática.



Primeiro comezamos pola FASE PINTURA. Foron pasando por turnos a pintar as barbas, os "gorros" de vermello, por diante, por detrás,...e deixando que sequen.

Cando toda a parte de pintura estivo rematada, pasamos á FASE DE DECORACIÓN, onde botamos purpurina...

... POÑENDOLLE OS OLLOS...



... COLOCÁNDOLLE O NARIZ...



...DECORÁNDOLLE PARTE DO GORRO CON FOLLAS DE ABEDUL...




E, cando todo estivo listo, puxémoslle unha cordiña e
 LISTAS PARA ADORNAR A ÁRBORE DO COLE!!!













E que ben colgadiños quedan na nosa árbore do cole pero cando adornen as vosas árbores da casa 
VAN QUEDAR DE MARABILLA!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...