martes, 17 de mayo de 2022

PROXECTO: conto viaxeiro coas familias

Este ano o proxecto é "DÁLLE SABOR A TÚA VIDA" e na aula de 4 anos centrámonos no tema da CELIAQUÍA porque un dos nosos caracois ten que comer cousas sen gluten.

Por iso, levamos a cabo un CONTO que foi viaxando polas casas dos pequerrechos onde, cada familia, ía continuando a historia do Lobo Aral e ilustrando o anaco creado. Todo iso utilizando a nosa lingua, o galego, enchendo de aventuras estas páxinas e de diversión.

Invítovos a lelo. Moitas páxinas pero unha gran aventura digna dos mellores escritores. Gracias a todas as familias de 5º EI pola súa implicación e, ós pequenos caracois, polo seu traballo nos debuxos.


PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTO.





Ó pinchar no enlace, accederedes á páxina de ISSUU co conto. Se pinchades na parte dereita sinalada co círculo amarelo, podedes ver o conto co tamaño grande da pantalla.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...