O venres disfrutamos da esperada EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO a APÍPOLIS!!!!
Estabamos moi nerviosos, desexando que chegara o día porque iamos pasar todo o día fóra do colexio e comíamos alí mesmo cos nosos compañeiros de infantil!!!
Xa traballaramos na clase sobre o tema das abellas e da mel pero non hai nada mellor que aprender máis en APIPOLIS!!!
Alí dividíronnos en grupos mixtos por idades e fixemos moitos obradoiros: visitar a exposición sobre o mundo das abellas, facer pan, elaboración da mel, de velas coa cera,... pero, o que máis nos gustou foi vestirnos de apilcultores e visitar desde moi preto as colmeas, as abellas, os panais, sen risco a que nons picaran. FOI ESTUPENDO E MOI EMOCIONANTE!!!
As mestras sacáronnos moitas fotografías e, como os grupos eran mixtos, saen compañeiros doutras clases. Así que, pinchade no enlace de abaixo e accederedes ó album de fotografías da excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario