jueves, 22 de diciembre de 2022

FIN DE ANO NO COLE

 O último día do 1º trimestre celebramos no cole o FIN DE ANO!!! Un día espectacular no que tiñamos que ir moi, moi ben vestidos de gala porque tiñamos un evento importantísimo.

 Pero primeiro tivemos clase de música e, ó chegar a clase, quixemos ter unha pequena sesión de cine ata que chegaron as fabulosas elfas da ANPA para agasallarnos cunha súper merenda especial de Nadal: A CHOCOLATADA CON ROSCA!!!!

Despois da súper merendola, quitamos os mandilóns e marchamos ó recreo. Á volta, dirixímonos ó ximnasio onde tiñamos todo preparado para a despedida do ano co resto dos nosos compañeiros do colexio.



Todos estabamos moi nerviosos porque era a primeira vez que tomabamos as "uvas" cos nosos compañeiros no cole! E se nos atragantamos? e se non entra un ataque de risa? 


Xa estivemos lembrando na clase o que tiñamos que facer e, con cada badalada, tiñamos que comer un so gusanito. E así foi, como uns profesionais, fixemos o das badaladas e, despois,...FESTA!!!! Música, baile e loucura!!! Que ben o pasamos! Mirade no vídeo!



Cando chegamos a clase, deixáronnos uns "poucos" gusanitos que quedaban na bolsa e...creo que algúns seguían tengo "un pouco" de fame!! jeje




Foi un fin de trimestre moi divertido. Agora queda disfrutar das vacacións e, se queredes ver máis fotos, están no ALBUM de decembro 2022 ou PINCHANDO EIQUÍ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...