Temos grandes apaixoados da lectura e, nesta semana, contamos con 3 contacontos que nos deleitaron cos seus contos durante o plan lector.
Primeiro foi Thiago G. co seu conto preferido das letras.
Despois foi o turno de Antía que, ó principio estaba moi nerviosa, pero logo entusiasmouse lendo as páxinas do conto.
E, por último, Lara que tivo unha súper aventura que contar e que se entusiasmou tanto que o conto se lle fixo curto.
Encántannos que os compañeiros compartan con nós as historias dos contos da súa biblioteca de casa, ademáis de que adquiren soltura á hora de falar en público, de saber comunicar, de aprender a "contar historias" e de compartir as cousas que lles gusta.
Seguiremos agardando a máis contacontos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario