Hoxe tocou traballo cooperativo onde tiñamos que escribir palabras por equipos.
Primeiro, debiamos ver que letra tocaba e, para iso, utilizamos unha plataforma onde, dándolle ó botón, saía unha letra aleatoriamente. Con esa letra, tiñamos que buscar unha palabra ou nome que comece por ela.
En cada turno, soamente 1 membro podería escribir o nome na pizarra pero, os demáis, membros do equipo poden axudar.
Era importante manter a comunicación de grupo.
E axudar a escribir a palabra se se dubida.
E chegar a acordos cando pensamos en varias palabras posibles.
Porque o importante é aprender xuntos.
E as cadeiras están ben pero, a veces, mola máis estar tumbados nas mesas...jejeje...
O mellor de todo é que o pasamos xenial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario