Chegou o momento que non queriamos que chegara: SERGIO, O GRAN SERGIO, FINALIZA A SÚA FASE DE PRÁCTICAS.
Así que os días anteriores preparamos uns cadernos con debuxos, decoramos a clase con globos de cores e...
...e hoxe, xoves démoslle os agasallos dos peques, das familias e da profe que foi a titora de prácticas.
Queredes ver o video? Pois pinchade na imaxe dabaixo!!
Como estaba moi emocionado...EMOCIONADO...non era capaz de seguir co que tiña pensado facer, así que marchamos xogar un ratiño ó patio.
Despois de recuperarse, levamos a cabo xogos deses divertidos que sempre faciamos con Sergio!!!
Esta vez nos poñía 2 ou 3 tarxetas coas letras do abecedario e tiñamos que pensar...pensar...pensar unha palabra que conteña esas letras!!! Semellaba difícil pero estes pequerrechos sorprendéronnos!!!
O venres continuamos cos xogos e, esta vez, tiñamos que darlle pistas entre todos a un compañeiro para que adiviñara a imaxe que tiña detrás.
Tamén chegou o turno para Sergio. Botámolo fóra, acordamos dentro que queriamos que adiviñara, a mestra buscouna por internet e , cos ollos pechados, entrrou novamente a aula.
E, como non, NON FALTARON OS ABRAZOS E OS BIQUIÑOS!!!!
Tamén trouxo Sergio agasallos dulces SEN GLUTEN para todos!!! mmm...
AI, CANTO IMOS BOTAR DE MENOS O NOSO SERGIO!!!
É UN GRAN GRAN MESTRE DE VOCACIÓN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario