Hoxe o sol e o calor invitounos a coñecer outro tipo de flora que son os cactus.
Os cactus poden ser de diverso tipo: grandes, pequenos, con pinchos, sen pinchos...pero, o máis chamativo, é que non precisamos sementalos como fixemos coas cabazas. Simplemente precisamos sementar unha das follas e medrarán!!!
Así que puxémonos en marcha enchendo os nosos vasiños que reciclamos como macetiñas.
Agora xa as temos na clase onde lle da o sol e, cada día, o encargado deberá regalas.
Temos que ter paciencia porque o tempo é moi importante.
As raíces deben medrar e así o cactus será moi forte!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario