sábado, 17 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares dado que coincidiu o fin de semana. Hai uns días recibimos unhas carta de Rufiño, a mascota da biblioteca, onde nos dicía o seguinte:


Así que puxémonos mans á obra e decidimos seguir coa temática do OUTONO e, xa que estabamos coas cores AMARELO, LARANXA, VERMELLO, MARRÓN E VERDE, quitemos aproveitar e facer os fondos acuarelables con esas cores.






Despois coloreamos cada un o nome de cada neno e nena da clase de 5 anos para que o seu marcapáxinas fora personalizado. E, para rematar, unha folla que nos gustou moito e a foto en pequeniño para darlle un toque personalizado á manualidade.



E hoxe, ás 11.15h aproximadamente, fixemos o intercambio de agasallos no corredor do colegio. 








Fixérnonnos, a cada un, un marcapáxinas cos depresores de cores e a Nosa foto e inicial do nome con pompóns de cores!!! 






ENCANTOUNOS!!!




PARA VER MÁIS FOTOS, pinchade esquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...