Esta semana contamos con dúas contacontos moi especiais que viñeron compartir as aventuras dos seus contos. Encántame que vaian traballando a expresión oral, a dramatización, perder o medo escénico e compartir cos seus compañeiros as cousas que lles gustan. Todos aprendemos de todos e aplaudimos todas as propostas dos compis caracoliños.
LÍA súper emocionada e moi metida no papel, captou a atención dos compañeiros relatando a historia con soltura, expresividade e paixón. Estamos ante unha futura mestra "de nenos pequenos", como dixo ela. A verdade é que ten moito potencial!!!
Moi ben, Lía! Agardamos por outro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario