Este curso imos traballar sobre os animais e, na clase, apareceu un pequeno HAMSTER!!!!
Ten a súa casiña perfecta para descansar e poder xogar na roda. Pero semella estar cómodo entre nós así que...
...decidimos ADOPTALO e COIDAR DESTE PEQUERRECHO!!!
Así que decidimos que, cada día, se ocupe o encargado de coidalo. Teralo na súa mesa e poderá xogar cando sexa o momento de xogo. Mentres traballamos, deberá descansar. E poderá ir co encargado cando fagamos o desdoble porque non queremos que quede so na mesa.
PERO, AGORA QUE O PENSO,
NON TEN NOME!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario