viernes, 6 de noviembre de 2020

RECOMENDACIÓNS DIXITAIS: aprendemos mentres nos divertimos

 Como ben vos comentara, esquí vos deixo unhas suxerencias dixitais por se queredes:

1.- TUX PAINT (ordenador)

Este é un programa moi sinxelo e intuitivo que da moito xogo. É un xogo libre que podedes descargar gratuitamente nos vasos ordenadores. Eiquí vos deixo un pequeno vídeo (de moitos que hai na rede) que vos explica que podedes facer e cómo se poden divertir.


Como vos digo, é moi intuitivo e tanto poden xogar libremente como pedirlles que fagan cousas mais concretas para reforzar conceptos como, por exemplo,:

- Escribe o teu nome

- Pon 2 sellos de círculos

- Engade 3 sellos de gato

- Debuxa un arco da Vella...

Para iso, pinchade na imaxe de abaixo e accederedes á web do programa e así o podedes instalar.



2.- APPs de CALIGRAFÍA (móbil e tablet)

Eiquí comparto unha relación de APPs para reforzar a grafía das letras que podedes descargar nos móbiles ou nas tablet, aínda que é máis aconsellable nestas últimas por ter un espace maior para traballar. Pero, ollo!!, solamente traballade as MAIÚSCULAS.

Hai algunhas que presentan versión completa de pago. Nas tablets do cole temos a segunda pola esqueda que aparece na parte superior da imane de abaixo (a que presentan unhas boliñas de cores a modo de arco da Vella). Soamente recomendo a versión en maiúscula.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...