martes, 15 de diciembre de 2020

UN POUCO DE TEATRO EN STREEMING E UN CONTO DIVERTIDO

Hoxe tivemos sesión de teatro con AFundación pero, por motivos obvios, non puidemos acudir ó auditorio así que disfrutamos de "A FRAGA DOS MEUS AVÓS" en streeming. A actuación musical foi levada a cabo con "Mamá Cabra" e disfrutaron da súa música, as súas historias e as súas cancións.

Como se estivésemos no teatro, baixamos as persianas. apagamos as luces e mantivemos silencio...ata que soaba a música!!!
 


E, mentres a obra ía transcurrindo, houbo un momento "roubado" moi tenro como o que vedes...




Pero, na fraga, a parte dos animais que nos dixeron na obra (curuxas,...) tamén apareceron dous máis coma o conto que lles contei despois. Gustoulles moito porque trata da amistade, de que non é preciso falar o mesmo idioma para poder ser xogar e que, ser amigos, é o máis importante.

Aquí vos deixo 2 CONTOS que lles gusta moito porque, polo visto, queren pedirllo a Papá Noel ou ós Reis Magos:




E, mentres falabamos e poñíamos os puntos por merendar todo, descubrimos que había un "instruso" que veunos facer unha pillería na nova pantalla dixital e que nos fixo pensar que estaba fallando a pantalla!!! jajajaaj PINCHADE EIQUÍ!!!





1 comentario:

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...