Comezamos unha gran aventura: a utilizar as tesoiras, cousa que lles gustou moito. Tiñamos que escoller tiras de cores e cortalas en anacos, gardandoos cada un no seu bote pero, para iso, tiñamos que ter varias cousas en conta:
- Estar ben sentados
- Non se pode xoguetear cando estamos utilizando as tesoiras.
- Tratar de que non caian papeis o chan.
- Coller ben as tesoiras, co dedo gordiño cara arriba. Esta é a parte máis complicada pero, como inicio, NON ESTIVO NADA MAL!!!
Iso si, a concrentación e o silencio foron os protagonistas desta xornada colorida e "peligrosa",jeje.
Despois de acadar a cantidade de anacos que precisábamos e de "darlle caña ás tesoiras", o seguinte paso foi a acción! Agora o que tiñamos que facer era utilizar os pegamentos para colocar os papeliños DENTRO do número 1.
Rematamos a xornada con humor e con esta anécdota:
No hay comentarios:
Publicar un comentario