jueves, 14 de enero de 2021

SHARKS & FISHES: OUTROS AMIGOS MARIÑOS

Como sabedes, estamos coñecendo os animais da granxa pero hoxe Rocío, a auxiliar de conversa, veu a ensinarnos outros animais mariños PERO EN INGLÉS!!!



Coñecimos a unha familia moi coñecida, "SHARK FAMILY" (Dad, Mum, Grandpa, Granny, baby,...) e tamén como se moven debaixo da auga.


AH! E tamén os "LITTLE FISHES", uns pequenos pececiños que nadan tranquilamente ata que chegan os famosos tiburóns.


Eses tiburóns que, en canto ven ós peixiños, abren as bocas ENORMEMENTE!!!! E, esta sesión que tivemos sobre estes animais acuáticos, podédela ver dentro do ALBUM XANEIRO 2021 na galería de imaxes ou pinchando na imaxe de abaixo, onde as mestras convertéronse en SHARKS e, os peques en LITTLE FISHES!!!


Pero se o que queredes é bailar e xogar cos vosos pequenos a ser animais mariños un tanto "especiais", eiquí vos deixo o vídeo que utilizamos (versión orixinal):



E, se queredes divertirvos un pouco, pinchade na seguinte imaxe
 para xogar ó MEMORY  de ANIMAIS MARIÑOS!!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...