Hoxe foi o turno de Andrea que fixo a exposición oral sobre AS ABELLAS da granxa.
Contounos que as abellas comen o polen das flores.
Que se desprazan voando e que viven nunha colmea, que pode estar nunha árbore ou feitas nunha "casiña".
Fan mel coa que nos curamos canto temos tos.
A abella raíña é a que pon os ovos e nacerán novas abellas.
Os apicultores son os que coidan das abelliñas.
E que temos que coidar moito das abellas porque son moi importantes no mundo.
Fíxoo moi ben Andrea!!!!! Disfrutamos moito e aprendimos un montón. Foi moi divertido pero mirade mellor o vídeo do ben que o fixo!!! PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO
Moitos falaron da Abella Maia e aproveitamos para ver o "Nacemento de Maia" e, despois, disfrutamos da canción.
Rematamos a xornada coloreando as abelliñas. Aínda que son amarelas e negras...a creatividade e a libertade foron a protagonistas!!jejeje...
...E ALGÚNS ATREVÉRONSE A COPIAR O NOME DE "ABELLA!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario