lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER: VANDANA SHIVA

Hoxe é 8 de marzo e é o Día da Muller e non hai nada máis divertido que comezar coñecendo a 

SÚPER LOLA:


E NÓS TAMÉN SOMOS SUPERLOLASSSS!!! E TEMOS O NOSO MOMENTO VIOLETA!!








No cole estamos a traballar arredor de varias mulleres relacionadas coa ecoloxía e a natureza e nós, os caracois de 3 anos, centrámonos en:

 VANDANA SHIVA

Fixemos un pequeno cartel sobre os aspectos máis destacados da súa biografía.


Pero tamén fixemos un pequeno documental sobre a súa vida en formato audiovisual para traballar a memorización e a expresión oral e, á vez, aprender. Tamén reforzamos o silencio para respetar os momentos nos que gravar a voz coas frases que traballamos:


Vandana Shiva foi unha Muller moi interesante e con moita vida ás súas espaldas. Unha das súas frases foi "TODOS SOMOS SEMENTES". Cada un de nós somos sementes que xerminan cara o que nos propoñamos, por iso debemos concienciarnos sobre o medio ambiente, coidalo, conservalo, manter e valorar a biodiversidad de especies,... por iso, aconséllovos uns contos para aqueles que queiran salvar o mundo:


E TAMÉN ACONSELLO ESTE PEQUENO CONTO QUE TEÑO E QUE LLES AMOSA, 
A MODO DE HISTORIA, O PROCESO DE SEMENTE A PLANTA.
Jugando con la Ciencia: HABÍA UNA VEZ UNA SEMILLA
Que tamén podedes ver un pequeno vídeo onde contan a historia:


Elaboramos a nosa PULSEIRA personalizada para conmemorar o día de hoxe e eiquí vos deixamos as fotos:













Tamén aproveitamos para coñecer o nome de VANDANA, as letras que compoñen o seu nome porque hoxe foi ela a PROTAGONISTA DA NOSA ASAMBLEA e despois coloreamos o seu retrato.


E, xa que Vandana Shiva era india e sempre levaba pintado un "PUNTO" na fronte, entre as cellas, nós tamén quixemos os nosos puntos como Vandana e así poñer o broche final á xornada de hoxe. Velaiquí os que quixeron maquillarse:









No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...