miércoles, 7 de abril de 2021

CHEGOU A PRIMAVERA Ó COLE

      Esta volta ó colexio, neste terceiro trimestre, levamos unha gran sorpresa porque, a nosa árbore, a que deixamos no trimestre anterior cos pequenos brotes nas ramas, nacéronlle FOLLAS e está chea, cheíña de FLORES ROSAS!!!!!!

     Está realmente bela esta árbore que nos indica que chegou a primavera ao noso colexio!!!! E agora sabemos que as abellas xa están listas para saír das súas colmeas e emprender o voo para libar o néctar de cada unha das flores que están nacendo e así poder fabricar a mel que a tanta xente lle gusta!


     A primavera chegou e, con ela, os animaliños e toda cor!!! Hoxe aprendimos moito estando fóra da aula así que, agora, imos investigar máis!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...