viernes, 9 de abril de 2021

DEBUXAMOS A NOSA ÁRBORE PREFERIDA

 Hoxe, os grupos amarelo e laranxa (os demais equipos farano a semana que vén) tivemos a clase no patio onde achegámonos a nosa árbore preferida do cole. Sabemos que quedara sen follas e coas ramas ó aire debido ó outono e que pasou frío durante o inverno pero que a primavera chegou e encheu a nosa árbore dunha gran beleza ROSA E VERDE.


Coñecimos as partes da árbore que se ven e as que non se ven. Porque as árbores teñen tronco, ramas, follas, flores e...as raíces que non vemos pero que a suxeitan e pola que se alimentan.


Así que, coas nosas pizarriñas, puxémonos mans á obra, observando moi ben a nosa árbore.




 E así quedaron as obras de arte!!!










E SE PINCHADES NA IMAXE DE ABAIXO, VEREDES UN PEQUENO VÍDEO DO
 "MOMENTO DEBUXO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...