Na clase apareceu unha imaxe na pantalla, pero ningún de nós a puxera...quen foi?
Pero, como ningún de nós foi, comezamos a falar sobre a imaxe.
A) Que é?
- UNHA RÁ (Lucas, Izan, Matías B., Antía, Thiago G., Uxue, Lía e Martín M.)
- UNHA TARTARUGA (os demais)
B) Como se chama? (respetamos o nome que nos dixeron, tanto en galego como en castelán)
- TARTARUGA (Martín M., Thiago A., Xoel M.)
- TORTUGUITA (Micaela, Xoel P.)
- CABALO (Matías B.)
- LANA (Lía e Uxue)
- SERPIENTE (Andrea)
- PEZ (Xoel P.)
- OVEJA (Martín F. e Rodrigo)
- YAYA (Mariña)
- TORTU (Lara)
- CACA (Antía)
C) Onde vive?
- NA AUGA (Thiago A.)
- NUNHA CUNCHA (Lucas)
- NO MAR (Xoel P., Sofía, Uxue, Briana)
- NUNHA CASCADA (Matías B.)
- NUN PAÍS (Martín M.)
- NA CASA (Martín F.)
- NUNHA CAIXA ONDE HAI COMIDA PARA COMER (Andrea)
D) Que lle pasa?
- QUE NON ATOPA Á SÚA NAI (Martín M.)
- QUE NON ATOPA AO SEU BEBÉ (Xoel P.)
- QUE NON ATOPA AO SEU PAI PORQUE ESCAPOU (Andrea)
- SEGURO QUE ESTÁ TRISTE (Lucas)
- QUERE IR Á PRAIA (Briana)
- QUERE IR Á CASA (Uxue)
- QUERE VER Á SÚA AVOA (Mariña)
- QUERE PATINAR NO XEO COA SÚA FAMILIA (Lía)
- RESBALOU E CAEU Ó MAR (Matías B.)
Como descoñecemos quen é, investigamos pola rede se existe algún vídeo no que a personaxe se asemelle a esta tartaruga e, para atopala, debemos poñer no BUSCADOR do ordenador o nome TARTARUGA OU TORTUGA...así que, entre todos, imos facelo!!
E, despois de facelo, atopamos o que andabamos buscando!!!! Así que imos ver o que nos quede dicir!!
O plástico é un problema pero agora imos descubrir a regla das 3 R que quizais nos amose que podemos facer algo máis co plástico que tiralo... imos ver!!
Polo que temos que axudar a LEMON a concienciarnos da importancia de aprender a reciclar o lixo e , sobre todo, separar os plásticos e tiralos no contenedor AMARELO.
Pero non soamente debemos botar os plásticos no contenedor amarelo!!! Existen máis contenedores para clasificar e botar outro tipo de envases que podemos reciclar despois pero, claro está, cada un debe ir no seu contenedor diferente, QUEREDES VER CALES EXISTEN?
E agora imos disfrutar dun conto titulado "LOS NUEVOS VECINOS"
Finalizamos con esta canción sobre o importante que é reciclar:
"EL BAILE DEL RECICLAJE"
"EL BAILE DEL RECICLAJE CON COCO, PEPE Y BUBY"
No hay comentarios:
Publicar un comentario