martes, 15 de junio de 2021

RUFIÑO DESPÍDESE ATA O CURSO QUE VEN

 


Na entrada do cole, no corredor de abaixo, está Rufiño cunha mensaxe para todos nós.




Ten un buzonciño onde quere que os caracois (e o resto de alumnado) lles meta un papeliño co libro que lle gustaría que houbese na RUFITECA o curso que ven. 


Polo que, os que queiran, poden traer unha folla co TÍTULO DO LIBRO, EDITORIAL (se se quere unha imaxe da portada) para darllo a Rufiño e así poida mercalo para telo na nosa biblioteca do cole. Pero, eso si, contos ilustrados molones, de esos chachi pirulis que lles chifle!!!




E Rufiño agasallounos na clase cunha carta de despedida e cunhas bolsas de papel para levar os traballos de FIN DE CURSO e, o ser de papel as bolsas,...

PODEMOS PERSONALIZALAS COS NOSOS DEBUXIÑOS!!!!



E tamén os de 5 anos nos trouxeron unha INVITACIÓN PARA IR VER TEATRO NA RUFITECA mañá...que será???? mañá o saberemos!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...